Partido Popular de Lugo

O PPdeG RECOMENDA A QUINTANA E A TOURIÑO QUE ACOMPAÑEN AS DECLARACIÓNS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO CUN INCREMENTO DOS MEDIOS DISPOÑIBLES CONTRA ESA LACRA

Santiago, 26 de decembro de 2008.- A voceira de Igualdade do Grupo Popular, Susana López Abella, recomenda a Touriño e a Quintana que, ademais de efectuar declaracións de condena e de solidariedade cada vez que se produce algún desgraciado suceso de violencia de xénero, que asuman as súas responsabilidades e habiliten os medios necesarios para previr e combater esta lacra con maior eficacia.

Lembra a deputada popular que os Gobernos autonómico e central continúan sen poñer en marcha os xulgados específicos  de violencia de xénero  nas cidades de Lugo, Ourense e Ferrol, reclamados por un mandato unánime do Parlamento de Galicia, e que os anunciados para Sntiago de Compostela e Pontevedra seguen sen entrar en funcionamento.

FALTAN AXENTES E MEDIOS MATERIAIS.- Simultáneamente, o Grupo Popular insiste en que o número de axentes de seguridade dedicados a prevención e loita contra a violencia de xénero son insuficientes; que o protocolo habilitado para valorar o risco ao que se ven sometidas as hipotéticas vítimas resulta insuficiente; e que os medios técnicos, como os brazaletes para o seguimiento dos agresores presentan fallos inadmisibles.

López Abella expresa tamén, en nome propio e no de todo o PPdeG, as súas condolencias á familia da última muller presuntamente asesinada en Galicia polo seu marido e anima ao conxunto da sociedade a denunciar calquera sospeita que podan ter en relación con sucesos de violencia familiar.