Lugo, a 25 de decembro de 2008.- O GPPP denunciou hoxe que os traballadores dos hospitais provinciais de San Rafael e San José non contan con ningunha información sobre o proceso de traspaso dos hospitais provinciais ó Sergas, o que está a motivar situacións de inseguridade e incerteza entre eles sobre o seu futuro profesional.
O GPPP lembrou que a comisión de transferencias de persoal aínda non se reuniu pese a que na primavera dende a Deputación anunciarase que as reunións comenzaría de xeito inmediato.
A día de hoxe, salientan, o único que se fixo, a maiores da reunión que o Presidente da Deputación mantivo a principios de setembro do pasado ano co Presidente Touriño para abordar este asunto, ás que seguiron algunha máis coa Conselleira de Sanidade, e a valoración dos postos de traballo, foi pedirlles ós sindicatos que nomeasen os seus representantes nesa comisión, pero nada máis.
A maiores, dende a Deputación estase a propoñer ós traballadores afectados que asinen un documento conforme desexan ser transferidos ó Sergas ou, pola contra, continuar dependendo da Deputación. Un documento que, ó entender dos populares, non garante absolutamente nada ós traballadores que os asinan xa que nel non se especifica ningunha condición laboral de cara ó futuro.
O GPPP considera que este procedemento non se axusta ós cauces que deberían seguirse, dado que aínda non foron fixadas as condicions da transferencias do persoal, polo que a Deputación debería aclarar públicamente os motivos polos que se está instando ós traballadores a asinar semellante documento.
Os populares consideran que no traspaso dos hospitais provincicias están a abundar máis as sombras que as luces e insisten na conveniencia de que o hospital San Rafael siga a funcionar como centro psiquiátrico, coma aconteceu cos outros centros provinciais xa transferidos de Conxo, Toén e Rebullón, así como que as dependencias do de San José e o seu solar continúen sendo propiedade dos cidadáns desta provincia.
Por elo, o GPPP respalda a manifestación convocada mañá polo PP de Castro de Rei para que o San Rafael continue mantendo a súa actividade.