Lugo, a 23 de decembro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular ven de presentar unha moción para que sexa tratada no vindeiro pleno na que insta á Deputación a elaborar, en colaboración cos concellos e nun prazo de tres meses, un pormenorizado estudo das deficiencias existentes no subministro eléctrico e telefónico no conxunto da provincia.
Os populares entenden que non é lóxico que a consecuencias das nevaradas que se produciron este mes moitos pobos da provincia, especialmente nos concellos de montaña, se quedaran sen subministro eléctrico e telefónico, cos perxuizos que elo conleva, e que compete á administración provincial tomar as medidas correctoras que sexan precisas para evitar que unha situación semellante volte a repetirse no futuro.
Por eso, o GPPP, ademais de pedir a elaboración dun estudo detallado das deficiencias existentes, no que se incluirían tamén as solucións que ó entender dos técnicos deben adoptarse para solventar definitivamente eses problemas, plantexa á Deputación que, unha vez rematado ese traballo de campo, dé traslado do mesmo á Xunta de Galicia para que sexa está administración a que execute as accións propostas.