Partido Popular de Lugo

O GPPP DENUNCIA QUE A DEPUTACIÓN APROBOU HOXE O PAGO DE FACTURAS POR IMPORTE DE 400.000 EUROS PESE A DISCONFORMIDADE DE INTERVENCIÓN

Lugo, a 19 de decembro de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou que a Xunta de Goberno da Deputación deu o visto bo na súa reunión de hoxe ó pago de facturas ás que se lle adxunta un informe de Intervención na que se pon de manifesto a súa disconformidade.

Os populares, ó tempo que salientan que pese a disconformidade dos técnicos o equipo de goberno provincial autorice os pagos, chaman a atención sobre o importe global das facturas: nada máis e nada menos que de preto de 400.000 euros. 

O GPPP explica que no informe de Intervención consta literalmente que “…se omitiron trámites esenciais, tanto no relativo á aprobación do gasto como ó procedemento de contratación por non ter cobertura como contrato menor…”.

Igualmente, no seu informe Intervención “pon de manifesto a desconformidade na tramitación dos gastos que se reflicten nas facturas obxecto de informe, en canto supoñen gastos realizados sin os trámites de consignación orzamentaria previa, sen fiscalización previa e omitindo outros requisitos…”.

No que atinxe ás facturas, o GPPP destaca unha de 31/01/08 por imprte de 16.270’76€, correspondente a materiais para camiños municipais no concello de Pol, que se imputa á partida 123.210, a de uso exclusivo de Gómez Besteiro para estes menesteres.

Hai ademais cinco facturas de limpeza do San Rafael, desde o mes de xullo, por importe total de 123.400’13€. Neste caso faise constar que rematou o contrato existente, e que por esa razón hai que validar esas facturas.

O mesmo acontece con tres facturas de limpeza do Pazo Universitario, por 9.982’36€ cada unha e correspondentes ós meses de setembro, outubro e novembro. E tamén doutras tres facturas de limpeza do pazo provincial que ascenden en total a algo máis de 40.000’00€.

Tamén se autorizaron os pagos por este método ó servicio de lavandería do San Rafael. Neste caso, ó non haber contrato, hai que recoñecer catro facturas cun importe total de 17.338’11; e varias máis do servicio de vixiancia, que ten o contrato extinguido, por importe de 51.000’00€.

O colmo desta situación, ó entender dos populares, vén da manda dunha factura por un stand turístico, cun importe de 44.061’76€. No informe que acompaña á factura di claramente que se contratou este servicio o 26/09/08, e omitironse os requisitos da base 17ª da execución do presuposto “…causada pola carencia de persoal na que se atopa o departamento de Turismo e o elevado volumen de traballo administrativo”.

Na opinión do GPPP, todo esto significa un auténtico caos político, descontrol e ausencia de rigor no gasto, que se subsana gracias ós servicios técnicos da Deputación. Pero a xestión política, suliñan os populares, queda claramente tocada porque destas actuacións despréndese que os cartos de todos pouco lles importan ós socialistas e nacionalistas.

Especialmente significativo é, ó entender dos populares, o caso do departamento de Turismo, xa que a deputada delegada debería tomar boa nota do que lle están a dicir nos informes que saen do súa propia área de competencia.