Lugo, a 18 de decembro de 2008.- O Partido Popular na Deputación e no Concello de Lugo, a través do voceiro adxunto José María González Barcia e o concelleiro do Medio Rural do Concello de Lugo Manuel López, denunciou durante unha visita realizada á illa de Borneiros, ubicada no río Miño, o abandono no que está sumido este entorno natural. Unha situación que non é allea a outros paraxes de gran interese medioambiental e turístico existentes dentro do termo municipal do concello lucense.
Así, segundo explicaron Barcia e López, a deixadez é claramente manifesta e exténdese a outros lugares coma o entorno do propio Mazo de Santa Comba, que se atopa a pouco máis de dous quilómetros da illa de Borneiros.
Para os populares a falla de atención, cuidado e mantenemento que evidencian ambos entornos naturais é só un exemplo da nula xestión que dende a Deputación se está a levar a cabo no que atinxe á promoción e mantemento dos puntos de interese turístico, paisaxístico e etnográfico que ten a provincia. Unha crítica que neste caso concreto fixeron tamén extensible ó concello de Lugo por non instar a administración provincial a que mateña axeitadamente estas instalacións.
Os representantes do PP na Deputación e no Concello de Lugo indicaron que o deterioro constatado non poden achacarse ás condicións climáticas derivadas do inicio do inverno senón que denotan que o abandono remóntase a moitos meses atrás. Instan, por tanto, ás dúas institucións a que, cada unha dentro das súas competencias, subsanen estas deficiencias e teñan a previsión suficiente como para telas en perfecto estado cando o tempo invite máis a disfrutar delas.
MALEZA E ABANDONO.- No caso da illa de Borneiros, os sendeiros están irrecoñecibles: o que bordea a propia illa ó carón do río xa non existe e o tramo que discurre por esta zona do que comunica o Parque Miño coa estrada de Maceda-Guntín é de difícil tránsito.
Unha pequena fraga que fora reconstruída pola Deputación está en total estado de abandono, xa non ten cristais e a vexetación medra ás súas anchas. O mirador existente na estrada da Deputación que comunica Conturiz con O Páramo e dende o que se divisa a illa, está inutilizado pola maleza que impide ter calquer tipo de vista que non sexa a da propia vexetación colindante, etc.
No que se refire ó Mazo de Santa Comba, situada a carón do río Chamoso, os sendeiros que ían máis próximos o cauce do río ou ata a área de aparcamento están difuminados entre a vexetación ou directamente xa non existen. O aparcadoiro carece de medidas de seguridade, pese a contar cos furados para a colocación dunha balconada de madeira da que non hai nin rastro. Ademais, a glorieta de acceso está chea de maleza, dando unha imaxe penosa que pouco anima a continuar camiño e visitar o propio mazo.