Santiago, 17 de decembro de 2008.- A Consellería de Medio Ambiente fai caso omiso da investigación xudicial aberta a raíz dos vertidos tóxicos efectuados desde o vertedoiro de residuos que Sogama posúe na Areosa (Cerceda) ao río Lengüelle e non adoptou medida algunha para controlar o foco contaminante. A denuncia foi estectuada esta mañá no Parlamento polo voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, que exhibiu fotografías tomadas a pasada fin de semana, nas que se aprecia con claridade que o depósito de Sogama continúa vertendo lixiviados, a pesar dos desmentidos afectados desde a Xunta e polo propio conselleiro.
No debate dos presupostos da Consellería de Medio Ambiente, Castiñeira Broz sinalou, dirixíndose ao conselleiro, que en lugar de viaxar polo mundo adiante á busca de fotografías con premios Nobel, como ven de facer en Polonia, debería centrar os seus esforzos en resolver os graves problemas que teñen plantexados actualmente os diferentes ecosistemas de Galicia.
O deputado popular advertiu ao conselleiro da grave irresponsabilidade na que está a incorrer por permitir os vertidos ilegais da Areosa polos que, a día de hoxe, xa hai oito persoas imputadas.
Recordou tamén o deputado popular que a sucesión de irregularidades cometidas pola Sociedade Galega de Medio Ambiente –cuio presidente, José Álvarez, é amigo e protexido do conselleiro Manuel Vázquez- abranguen desde o vertido ilegal da Areosa que está a ser investigado por un xulgado coruñés, ata a concesión, a dedo, en contra do criterio de técnicos independentes e dos da propia empresa, dun contrato de 19 millóns de euros; o alugueiro de coches de luxo por valor de 122.000 euros; ou a adquisición e acondicionamento dunhas novas oficinas en Santiago, para escapar do “cheiro” da planta de Cerceda.
Castiñeira Broz subliñou que o conselleiro de Medio Ambiente é coñecedor de todas estas anomalías pero, aínda así, insiste en manter no cargo ao presidnte de Sogama, ao que apadriña.
As tropelías cometidas polo presidente de Sogama teñen provocado xa a dimisión do conselleiro delegado da empresa, por ser unha testemuña incómoda das anomalías protagonizadas por José Álvarez.