Partido Popular de Lugo

O GPPP ASEGURA QUE A DEPUTACIÓN PAGA CON RETRASO FACTURAS DO SAN RAFAEL

Lugo, a 15 de decembro de 2008.- O GPPP asegurou que a Deputación está a pagar con retraso facturas de proveedores do centro hospitalario San Rafael por non ter consignadas partidas orzamentarias suficientes e por non ter feitos os trámites admistrativos pertinentes a tempo para poder abonar estas débedas nun prazo de tempo razonable.

As facturas correspondentes a proveedores do San Rafael teñen que ser validadas pola xunta de goberno da administración provincial porque, segundo salientan os populares, a consignación orzamentaria esgotouse e polo tanto non hai fondos suficientes para facer fronte a este pagos. 

O GPPP, que considera que esta situación só pode achacarse á falla de previsión do equipo de goberno provincial, fixo fincapé no feito de que a gran maioria dos proveedores afectados son autónomos ou pequenas e medianas empresas polo que, de non pagarlles con certa celeridade, poderían atravesar por graves problemas de liquidez e, polo tanto, de supervivencia.

Os populares tamén fixeron referencia a que o Presidente da Deputación segue a facer uso da partida orzamentaria que se reservou para o seu uso exclusivo e particular con claros fins partidistas.

Así, segundo salientaron, con cargo a esta partida estanse pagando as facturas por asfaltado de camiños municipais que casualmente corresponden a concellos gobernados polo PSOE. Ademais, para evitar sacar a concurso a execución destes traballos, estase a fracionar o seu pago. Tenta deste xeito librarse de dar explicacións de canto e onde se gasta.