Lugo, 13 de decembro de 2008.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, recordou hoxe en Lugo, que o PSOE xa nos tiña acostumados, volve ás andadas e igual que nas autovías, deixa a Galicia sen AVE e, catro anos despois, o BNG certifica que so é util para o PSOE e inútil para Galicia.
![]() |
o próximo luns, 15 de decembro, vence o prazo fixado polo BNG para que o Goberno central constitúa a comisión bilateral para o seguimento das infraestructuras en Galicia, aprobada por un acordo unánime do Congreso dos Deputados no pasado mes de xuño, pero que continúa sen materializar polos sucesivos atrancos do PSOE.
Tendo en conta que a creación desa comisión -xunto cun incremento orzamentario que na práctica non se executa- foi unha das condicións impostas polo BNG para apoiar o primeiro trámite parlamentario das contas estatais de 2008, Feijóo lembrou aos nacionalistas que a día de hoxe ainda non se constitui a Comisión prometida para apoiar os presupostos xerais do Estado.
![]() |
Neste escenario, o líder dos populares galegos recordou que Galicia non vai dispoñer de AVE coa Meseta no ano 2012, tal e como comprometeran reiteradamente tanto Touriño como o Goberno central, e que a Administración do Estado non só non presuposta os cartos precisos para construír a alta velocidade galega, senón que os escasos recursos que consigna nen sequera executa na súa totalidade, como acaba de poñer de manifesto a memoria económica do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias.
VELAR POLAS GRANDES OBRAS PÚBLICAS PENDENTES.- Feijóo insiste en que o único xeito de garantir e velar porque Galicia dispoña dos recursos económicos necesarios para construir as grandes obras públicas pendentes –incluídas as autovías interiores, como as que deberían comunicar Lugo con Ourense con Santiago, Vigo, Pontevedra..- consiste en crear de inmediato a Comisión Bilateral de Seguimento –integrada por representantes da Xunta, do Ministerio de Fomento e dos grupos políticos representados no Parlamento galego- a pesar da resistencia do PSOE a materializar ese compromiso.
![]() |
¿APOIAR A GALICIA OU SALVAR DA QUEIMA A ZP, TOURIÑO E MADALENA?. “Ao votar definitivamente os Presupostos estatais de 2009, o BNG deberá elixir entre defender os intereses de Galicia ou seguir salvando da queima a Zapatero, Touriño e Madalena Álvarez, á que, por certo, xa salvou dunha reprobación, sen que iso teña implicado beneficio algún para os intereses da Comunidade á que os nacionalistas aseguran defender”, afirma Feijóo.
O BNG debe andar con coidado de non queimarse nun momento no que tanto Zapatero como Touriño acabaron convertidos en bombeiros-pirómanos dos que as persoas sensatas se distancian cada vez máis”, concluíu o líder popular.