Lugo, a 12 de decembro de 2008.- O Partido Popular formalizou enmendas ós orzamentos da Xunta para o 2009 para a comarca de Lugo por importe de 20.510.000 euros.
Os deputados autonómicos Jaime Castiñeira e Isabel García indicaron que “os compromisos asumidos con Lugo pola Xunta téñense que ver refrendados con cifras e as contas para o 2009 deixan claro que é todo o contrario”.
Castiñeira e García lembraron que os orzamentos previstos polo Goberno galego para o vindeiro ano na comarca de Lugo supoñen unha reducción com respecto ó presente exercicio do 20 por cento. “Nunha época de crise como a actual non é de recibo esta reducción e o plantexamento debería ir incluso na dirección contraria, en incrementar o investimento”, aseguraron, ó tempo que engadiron que “o tan cacareado reequilibrio territorial transformase, no caso da provincia de Lugo, en desequilíbrio”.
Salientaron neste liña que o propio rexidor lucense recoñeceu que en 2008 a Xunta non adicou nin un só euro a saneamento rural ou que na área de deportes non se investiu nada en toda a lexislatura.
“En Lugo”, recalcaron, “estase a investir menos que nunca”. Como consecuencia delo, “vellos proxectos seguirán acumulando retrasos”.
Así, por poñer algúns exemplos, a construcción do auditorio de Lugo será un feito non antes de 2013; o Plan Paradai demorarase ata o 2011, ano ata o que non estará listo tampouco o parque empresarial de As Gándaras e pode que daquela “non haxa empresas para instalarse nel”, segundo indicaron os deputados populares.
Salientaron asimesmo os deputados populares que “este incremento no orzamento non supón a reducción de ningunha partida de inversión, xa que se sacan do gasto corrente, é dicir, asistencias técnicas e publicidade”.
ENMENDAS.- As enmendas presentadas ás contas previstas pola Consellería de Vivenda para o vindeiro ano reivindican a construcción de vivienda de protección pública na comarca de Lugo por impornte de 3,5 millóns de euros, así como 430.000 euros para rehabilitación de vivendas nos cascos históricos dos oito concellos afectados.
Os populares tamén presentaron unha enmenda para a rexeneración de pavimentos do centro histórico de Lugo, que afectaría ás ruas da Raiña, Nova e San Froilán por importe de 150.000 euros.
No que atinxe á Consellería de Cultura e Deporte, todas as enmendas presentadas polos populares refirense a actuacións a levar a cabo na capital provincial: para a difusión do museo provincial de Lugo (60.000 euros); para instalacións deportivas (500.000 euros); para o pabellón polideportivo (300.000 euros); para a ampliación da piscina de Frigsa (500.000 euros); para a biblioteca da Piringalla (50.000 euros) e para o Museo da romanización de Lugo (100.000 euros).
Presentaron asimesmo unha enmenda á Consellería de Educación por importe de 700.000 euros para o Centro Integrado de Lugo.
O Auditorio de Lugo (1 millón de euros); para a rexeneración de rúas e adecuamento urbán neste municipio (700.000 euros); para a ronda este, o tramo comprendido entre o novo hospital ata Tolda de Castilla (un millón de euros) centran as enmendas presentadas á Consellería de Política Territorial no que se refiere á capital. A elas hai que engadir a posta em marcha do transporte metropolitano (500.000 euros); para a circunvalación de Castroverde (500.000 euros); e para o acondicionamento e mellora do trazado da estrada autonómica entre Friol e Corredoiras (Boimorto) (300.000 euros).
Entre outras enmendas presentadas á Consellería de Medio Rural para o conxunto da provincia, que ascenden a 59 millóns de euros, destacan, no que a comarca de Lugo se refire, as referentes á firma dun convenio para complementar obras de infraestructuras e mellora rural nos oito concellos afectados por importe de 3,85 millóns de euros, así como a mellora da estrada de Guntín a Bóveda (100.000 euros) e acondicionamento e mellora das pistas do rural no concello de Lugo (500.000 euros).
No departamento de Medio Ambiente, os deputados populares, segundo explicaron Castiñeira e García, presentaron enmendas para o saneamento rural nos concellos de Lugo (1,5 millóns) e Outeiro de Rei (300.000 euros). Tamén pediron a mellora da depuradora e do abastecemento en Outeiro de Rei (350.000 euros); así como partidas para o saneamento rural en Guntín (300.000), O Corgo (300.000 euros), Rábade (300.000) e Meira (300.000).
Outras enmendas refirense á depuradora de O Corgo (550.000 euros); á planta de tratamento de plásticos agrícolas en Guntín (un millón de euros) e a colocación de contenedores soterrados no casco histórico de Lugo (200.000 euros).
A posta en marcha dun Centro de día en Friol (200.000 euros); e de escuela infantiles en A Piringalla (150.000 euros), Aceña de Olga (500.000) e no centro hospitalario (170.000 euros) no concello de Lugo conforman as enmendas presentadas a Vicepresidencia.