Partido Popular de Lugo

O DIRECTOR XERAL DE AUGAS DE GALICIA ADMITE QUE NON TOMARON MEDIDA ALGUNHA PARA EVITAR QUE VOLVA REPETIRSE O VERTIDO TÓXICO AO RÍO LENGÜELLE

Santiago, 10 de decembro de 2008- O director xeral do ente público Augas de Galicia, José Luis Romero Valeiras, admitiu esta tarde no Parlamento que ese ente público dependente da Consellería de Medio Ambiente aínda non tomou medida algunha para evitar que volva repetirse o vertido de lixiviados tóxicos procedentes do vertedoiro de Sogama, situado no monte da Areosa (Cerceda), e que foron parar ao río Lengüelle, onde provocaron un eopisodio de mortandade masiva de troitas no coto de Boicalvo.

A resposta rexistrouse esta tarde na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente do Parlamento de Galicia, onde o voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular se interesou polas medidas adoptadas desde a Xunta para facer fronte aos reiterados vertidos tóxicicos efectuados ao río Lengüelle.

Sen embargo, Romero Valeiras recreouse nunha intervención plagada de evasivas para evitar entrar ao fondo da cuestión. Recoñeceu, iso sí, que a pesar do tempo transcurrido entre a denuncia do vertido e o momento no que foron tomadas as primeiras mostras, as analíticas detectaron a presenza de axentes contaminantes biolóxicos.

Romero Valeira é un dos dous imputados de Augas de Galicia pola morte de milleiros de peixes rexistrada en  novembro de 2007 no encoro da Fervenza. Os indicios apuntan que Augas de Galicia non controlou axeitadamente os niveis de auga do encoro.

Os vertidos contaminantes efectuados desde o vertedoiro de Sogama saldáronse, polo de agora, con sete persoas imputadas.