Partido Popular de Lugo

O PPdeG RECLAMA EXPLICACIÓNS INMEDIATAS SOBRE OS RETRASOS NO RESCATE DO ROSAMAR, QUE “RECORDAN EN EXCESO OS FALLOS REXISTRADOS CANDO NAUFRAGOU O CORDERO”

Santiago, 8 de decembro de 2008.- Unha vez confirmada a sucesión de fallos rexistrados no operativo de recate do pequeiro Rosamar, afundido na mañá do pasado venres ao noroeste de San Cibrao, o voceiro de Pesca do PPdeG, José Manuel Balseiro, reclama explicacións inmediatas da Xunta e do Goberno central, dado que o retraso na activación do operativo de salvamento e a ausencia dos medios aéreos habituais na costa galega “recordan en exceso os fallos rexistrados cando naufragou o Cordero”, en xaneiro deste ano.  

Balseiro Orol estima inconcebible que a revisión do Helimer Galicia, con base no aeroporto coruñés de Alvedro, non tivese sido prevista para substuituír á aeronave habitual por outro helicóptero diferente. Esa imprevisión obrigou a trasladar á Coruña ao helicópero Pesca II, con base en Celeiro, alongando en exceso o tempo de resposta ante calquera incidencia que pudiera producirse na nosta norte de Galicia, como desgraciadamente sucedeu a raíz do afundimento do Rosamar.    

O sucedido revela que tanto a Xunta como o Goberno central permiten que se incumplan os contratos coa empresa que opera os helicópteros de salvamento marítimo, xa que eses documentos estipulan a obriga de contar con aeronavanes, en cada unha das bases, neste caso en Celeiro e en Alvedro- as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

A actuación dos responsables autonómicos e estatais de salvamento marítimo deixou desprotexida á Mariña lucense (retirándolle o helicóptero habitual), pero tamén reduciou as prestacións da base de Alvedro, ao desprazar alí unha aeronave sen tripulación de presenza física.

NECESIDADE DE DOBRE TRIPULACIÓN PARA O PESCA II.- Os feitos avalan tamén, por desgracia, as reiteradas demandas do PPdeG para dotar ao Pesca II de dúas tripulacións. A ausencia desa tripulación de reforzo impide realizar gardas de presenza física ao carón do helicóptero, o que acurtaría notablemente o tempo de resposta ante calquera incidencia. Sen embargo, PSOE e BNG teñen rexeitado, en reiteradas ocasións, as peticións formuladas polo Grupo Popular para superar esta carencia. 

Esta sucesión de anomalías explica, a xuízo de Balseiro, a ausencia de explicacións convincentes, ata o de agora, por parte dos responsables políticos autonómicos e estatais de Salvamento Marítimo, que semellan máis ocupados en eludir as posibles neglixencias que en explicar de veras o sucedido. 

TOURIÑO DEBE DAR A CARA.- Neste contexto, o resposable de Pesca do Grupo Popular interpreta que os argumentos empregados ata o de agora pola Xunta a polo Goberno central parecen máis propios de Gobernos bananeiros que de autoridades sensatas que dan a cara e asumen as súas responsabilidades. “Faría ben o presidente da Xunta en dar a cara, tomar cartas no asunto e averiguar se a sucesión de fallos que se están a rexistrar en Galicia en materia de salvamento marítimo é propia ou non de Gobernos bananeiros, tomando prestada unha expresión do titular do Executivo autonómico”, asevera Balseiro Orol.