Partido Popular de Lugo

AS ENMENDAS ÓS ORZAMENTOS DA XUNTA PRESENTADAS POLO PP REIVINDICAN 158 MILLÓNS DE EUROS MÁIS PARA LUGO

Lugo, a 8 de decembro de 2008.- Os oito parlamentarios autonómicos por Lugo presentaron unha batería de enmendas ós orzamentos da Xunta para o ano 2009 por importe de 158,4 millóns de euros, sen contar o incremento de inversións solicitadas en partidas xenéricas.

Para o Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, este incremento do investimento evitaría a discriminación á que, ó seu entender, esta sometida a provincia de Lugo por parte do Goberno galego tras menguar nun 25 por cento a inversión prevista con respecto ás contas de 2008.

Lembra neste contexto Barreiro que as contas de PSOE e BNG pretenden reducir na provincia de Lugo o orzamento por habitante en 126 euros, ó pasar dos 500 euros fixados para este ano ós 374 euros previstos para o 2009. Unha rebaixa que, ó seu entender, non é nin razonable nin xusta e pon de manifesto o desentirese que amosa a Xunta por favorecer o desenvolvemento da provincia de Lugo en todos os ámbitos. 

“Nunha situación de grave crise económica como a que se está a vivir en Galicia, e de xeito singular na provincia de Lugo, é cando as administración deben facer un maior esforzo inversor, pero dende a Xunta, PSOE e BNG, fan todo o contrario”, recalcou José Manuel Barreiro.

Dende o punto de vista de cuantía económica, Medio Rural é a consellería que aglutina un maior montante derivado da presentación de enmendas por parte dos parlamentarios lucenses: algo máis de 59 millóns de euros. De eles, as enmendas para que se executen obras de infraestructuras e mellora rural suman 32 millóns de euros.

As infraestructuras vitícolas da Ribeira Sacra centra unha enmenda por importe de 1,5 millóns de euros, xunto con outra por importe de un millón para a denominación de orixe. Pero non é o único incremento solicitado para este sector, tamén se propón aumentar o investimento para a restauración de viñedos (0,5 millóns) e os camiños de acceso (un millón).

A gandeiría (bovina, incluída a recría, avícola, cunícola e porcina) tamén son obxecto de enmendas por un importe conxunto de máis de catro millóns de euros.

A promoción e consolidación da producción selvícola tamén centra a reivindicación dos populares. Sete enmendas para diferentes actuacións e variedades suporán un incremento orzamentario de preto de nove millóns de euros.

Á Consellería de Política Territorial reclámanlle un aumento orzamentario de 46,6 millóns de euros.

Son salientables as enmendas presentadas para a VAC Ferrol-San Cibrao (15 millóns de euros); a VAC Sarria-Monforte (10 millóns); o auditorio de Lugo (un millón de euros); a ronda este de Lugo, correspondente ó tramo dende o novo hospital ata Tolda de Castela (un millón); o desdobramento do corredor Lalín-Alto do Faro (un millón); estudio e proxecto para o desdobramento do corredor Nadela-Sarria (un millón); o acceso ó porto seco de Monforte (dous millóns) e para a súa urbanización (tres millóns) e a terceira fase da estrada Saa-Becerreá (dous millóns).

Os deputados lucenses polo PP demandan 17 millóns de euros máis para Lugo á Consellería de Medio Ambiente

Nove millóns para saneamento rural (en Lugo, Monforte, Viveiro, Outeiro de Rei, Castro de Rei, entre outros) saneamento integral en parroquias (O Vicedo, Sober, A Pobra de Brollón, por exemplo) e en concellos (Carballedo, Palas de Rei e Antas de Ulla, entre outros).

Para depuradoras (como a nova de Chantada ou a ampliación da de Barreiros) solicítanse 4,3 millóns de euros; para a xestión de resíduos algo máis de 1,5 millóns de euros e para o acondicionamento marxenes de ríos 0,7 millóns.

Residencias para a terceira idade (Paradela, A Fonsagrada, Baralla, Becerreá, Cervantes, Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Chantada, Antas de Ulla, Palas de Rei, Monforte, O Courel, Ribadeo) e centros de día (Friol, Sarria, Triacastela, Páramo, Paradela, Mondoñedo, Cervo, Pantón, O Saviñao, Carballedo, Pobra de Brollón) aglutinan preto de 8 dos 19,9 millóns que o PP reclama a Vicepresidencia para Lugo.

As enmendas presentadas ós orzamentos deste departamento tamé incluén a creación de escolas infantiles, casas da xuventude ou casas de acollida para víctimas de violencia de xénero (unha na Zona Sur e outra na Mariña), entre outras actuacións. 

No que atinxe á Consellería de Vivenda, presentáronse enmendas por valor de máis de 9,5 millóns de euros. A construcción de vivendas de protección pública constitúe a principal reivindicación e ascende a sete millóns de euros. A comarca da Mariña, Chantada, Monforte e a propia capitalidade provincial son os lugares para os que se solicitan estas vivendas. Os populares suliñan que a Xunta de Galicia non promoveu nin rematou ningunha vivenda de protección pública no que vai de lexislatura.

Para a rehabilitación de centros históricos, en Lugo, Mondoñedo e Viveiro, presentaronse enmendas por importe de algo máis de 1,3 millóns de euros e para a ampliación e mellora de polígonos industriais e creación de novo suelo industrial 1,2 millóns.

As enmendas presentadas ós orzamentos da Consellería de Sanidade polos deputados lucenses ascende a 6,1 millóns de euros. A nova construcción ou a ampliación de centros de saúde constitúe unha das principais reivindicacións, aínda que a maioría do incremento económico que se propón, cinco millóns de euros, concentrase na mellora dos hospitais. Así, para o da costa solicítanse tres millóns de euros (un millóns para a creación do servicio de resonancia) e para a ampliación do comarcal de Monforte dous millóns de euros.

4,4 millóns de euros é o incremento que dende o PP demándase á Consellería de Cultura e Deporte. Rehabilitacións, melloras nas instalacións e axudas a asociacións culturais centran enmendas por algo máis de 3,4 millóns de euros; o preto de un millóns restante refírese á petición de melloras para instalacións deportivas.

Para a Consellería de Presidencia o PP demanda un incremento de orzamento de 2,4 millóns de euros. Para os parque de bombeiros da Mariaña oriental e occidental e para o de Monforte pídense 1,4 millóns de euros, e un millón de euros máis para a primeira fase do edificio multiusos de Chantada.

Os populares tamén plantexan incrementar en dous millóns de euros o orzamento que a Consellería de Educación destina á provincia de Lugo e en algo más de 300.000 euros o da Consellería de Pesca.