Partido Popular de Lugo

OS DEPUTADOS DO PP DE LUGO ANUNCIAN NOVAS INICIATIVAS PARA ACLARAR PORQUÉ SE SUPRIMEN AS PARADAS DE GUITIRIZ E SAN CLODIO-QUIROGA DA LÍNEA FERROL-MADRID

Lugo, a 5 de dicembro de 2008.- Os deputados lucenses do Partido Popular presentarán novas iniciativas no Congreso para que a ministra de Fomento aclare os motivos da supresión de nove paradas do percorrido do tren-hotel que sustituirá, en breve, ó Estrella que cubre a viaxe de Lugo a Madrid. O plan previsto para o  novo tren elimina dúas paradas na provincia: Guitiriz e San Clodio Quiroga.

La iniciativa que anunciaron hoxe Joaquín García Díez e Raquel Arias súmase á petición, cursada esta semana tamén polo Partido Popular, para que compareza de forma urxente no Congreso dos Deputados o presidente de Renfe.

Os deputados lucenses consideran que é unha “medida desacertada” porque coa reducción de paradas que se pretende non se acorta o tempo da viaxe. “É absurdo”, aseguraron, “que tendo a estación diante das súas casas os veciños destas zonas teñan que desplazarse a outras estacións de concellos limítrofes nas que si para o tren”.

Joaquín García e Raquel Arias consideran “inadmisible” que se elimine a parada de Guitiriz, “unha localidade que ofrece unha importante oferta de turismo termal á que beneficiaría enormemente o acceso directo dende Madrid, punto de enlace con otros lugares de España”. 

O recorte de paradas afecta tamén na provincia de Lugo a San Clodio–Quiroga. Para os deputados lucenses resulta ilóxica a supresión de ambas paradas, e neste último caso, segundo suliñaron, “supón dar as costas, unha vez máis, a unha comarca tan castigada durante estos anos, e con máis intensidade nestes últimos meses, polo problema das pizarreiras “.

NOVO ENGANO DA MINISTRA DE FOMENTO.- A ministra de Fomento anunciou un novo tren-hotel para comunicar Lugo con Madrid que iba a “reducir o tempo da viaxe en dúas horas”. O deputado Joaquín García Díez reproduxo as verbas que pronunciou Magdalena Álvarez no Congreso con motivo dunha interperlación relativa á situación dos servicios ferroviarios. El Tren Estrella en este año vamos a sustituirlo por un Tren Hotel, además diurno, y además vamos a reducir el tiempo de viaje en dos horas, en este mismo año”.  

Ademais da confusión da ministra, respecto a que o tren sería diurno, xa que seguirá facendo o recorrido de noite, o servicio non só non mellora no que atinxe a tempos e paradas, senón que empeora. Das dúas horas que a ministra anunciou que se recortaría no recorrido pasaremos a tardar cinco minutos máis, tanto á ida (o tren sae de Lugo actualmente ás 23:07 e chega a Madrid ás 8:00; coa modificación salirá ás 23:08 e chegará ás 8:05) como á volta (sae de Madrid ás 22:10 e chega a Lugo ás 6:40; e próximamente salirá ás 22:30 e chegará ás 7:06). Segundo os datos facilitados na web oficial de Renfe (www.renfe.es).

Joaquín García Díez avanzou que pedirá á ministra explicacións sobre o feito de que os plans que se acaban de dar a coñecer  non coinciden coas súas afirmacións: “Ou pide perdón polo seu engano ou, o que sería mellor para Lugo, ponse un tren que realmente reduza a duración da viaxe. Non estamos dispostos a que se minta ós lucenses nin a soportar durante máis tempo os servicios tercermundistas de Renfe en Lugo”.