Lugo, a 5 de decembro de 2008.- O GPPP denunciou hoxe que as quitaneves da Deputación estiveron no garaxe en pleno temporal.
Así, segundo asegurou o voceiro adxunto do Grupo provincial popular, os camións tipo Volvo e Iveco, que portan as cuñas quitaneves, “estiveron debidamente guarecidos das inclemencias do tempo”, coas cuñas quintaneves demontadas, dentro do interior do garaxe do parque móbil.
“Mestres estes camións estaban inoperativos”, salienta José María González Barcia, “os cidadáns desta provinca e as brigadas municipais pelexábanse coa neve, intentando superar o aillamento no que se atopaban moitos lugares da provincia. O Sr. Besteiro, mentres acontecia todo esto, era incapaz de adoptar ningunha decisión para solucionar os problemas e permanecía sentado ó quentiño no seu despacho”.
Barcia afirmou que esta “lamentable” situación deuse, cando menos, o luns, día 1, e o martes, día 2, precisamente os peores días do temporal de neve. Unha circunstancia que motivou que moitos representantes municipais se puxeran en contacto co Grupo provincial popular para expresar a súa queixa e para indicar que “a actuación da Deputación deixou moito que desexar”.
Para o voceiro adxunto dos populares estos feitos explican a razón pola que o propio Besteiro enumerou públicamente os medios empregados pola administración provincial durante a nevada, “aínda que agora resulta que boa parte do que dixo era mentira”.
Así, matiza Jose Gónzález Barcia, “chegouse a usar motoniveladoras para sacar a neve, aínda que a ferramenta ou maquinaria, como lle gusta denominala a Besteiro, máis empregada para elo foron as palas de marca Bellota”.
O voceiro adxunto dos populares pediulle a Besteiro “humildade, rigor e compromiso coa provincia”, e sobre de todo “traballo, moito traballo”, ó tempo que confirmou que o seu grupo xa pediu toda a información referente a este asunto. “Agardamos que os partes de traballo dos camións quitaneves cos que conta a Deputación, que hoxe mesmo solicitamos, non tarden tanto en sernos facilitados como está a acontecer cos partes dos coches oficiais da Deputación, polos que levamos agardando dende o pasado 23 de outubro”.