Partido Popular de Lugo

O PP PEDIRÁ NO SENADO QUE O GOBERNO CENTRAL DUPLIQUE O OZAMENTO QUE TEN PREVISTO PARA A PROVINCIA DE LUGO

Lugo, a 2 de decembro de 2008.- O Grupo Parlamentario Popular na Cámara Alta, a instancias dos senadores lucenses José Manuel Barreiro, Armando Castosa e María del Carmen Gueimunde, presentaron enmendas ós orzamentos xerais do Estado de 2009 por un importe de 175 millóns de euros que suporía case duplicar o investimento previsto inicialmente polo Goberno.

Os populares argumentan as súas peticións en que, en base os raquíticos orzamentos previstos polo executivo de Rodríguez Zapatero para as infraestructuras da provincia, Lugo non tería nin autovías ni AVE nun horizonte temporal razonable.

Con estas enmendas os populares queren darlle un pulo definitivo a estas obras de vital importancia porque, segundo salientan, “sen cartos non hai compromiso e as contas dos socialistas poñen de manifesto que Lugo para eles non existe”.

Así, para autovías e AVE, os populares queren aumentar en case 158 millóns de euros as partida inicialmente previstas.

Outras das carencias do PXE 2009 que queren compensar os populares nas súas enmendas é o abandono ó que está sometido o transporte ferroviarios tradicional. Así, piden preto de 10 millóns de euros para o establecemento dun servicio diario diurno na liña Madrid-Lugo-A Coruña, para incrementar as frecuencias diarias nos servicios de cercanías das liñas Lugo-Monforte e Lugo-A Coruña e para o recuperación dos trens de longo percorrido entre Lugo e Cataluña e Lugo País Vasco, así como a sustitución do tren Estrella por un Talgo tren-hotel para unir Galicia con Madrid, vía Monforte.  

Deste xeito, o PP reafirma o seu compromiso de defender un tren digno para a provincia de Lugo, unha reinvidicación que responde o sentir xeral da sociedade lucense.

Tamén son significativas a partida de 5 millóns para a nova ponte sobre o Miño en Lugo e a de un millón de euros para a construcción do auditorio.

Asimesmo, dentro da vella reivindicación de que Lugo sexa a única provincia española con mar que non teña autoridade portuaria propia, o PP inclúe entre as súas enmendas unha específica para a iniciación dos trámites para acadar este obxectivo; así coma un millón de euros para iniciar as xestións encamiñadas a apertura ó tráfico comercial do dique norte do porto de Alcoa.

Unha nova comisaría para Monforte de Lemos, novos cuarteis da Garda Civil en A Fonsagrada, Burela e Lugo, así como para a Garda Civil do Mar en Viveiro, son outras das reivindicacións dos senadores lucenses. Ás que hai que engadir a creación dun xulgado de violencia de xénero en Lugo e un novo xulgado de Primeira Instancia na Mariña Oriental con sede en Ribadeo.