Lugo, a 1 de decembro de 2008.- O GPPP denunciou hoxe que nos proxectos de conservación integral da rede viaria provincial, que engloba a un total de 4.200 quilómetros, só contemplan actuacións directas para algo menos de 500 quilómetros, o que supón o 12 por cento do total da rede viaria provincial.
O voceiro dos populares na Deputación, José Manuel Barreiro, afirmou que, tras un estudo pormenorizado dos proxectos das trece zonas nas que o Goberno provincial destribuiu a provincia para establecer este plan de conservación integral, descúbrese a grande mentira: “o PSOE acusou en todo momento ó anterior equipo de goberno provincial de usar só gravilla e rego asfáltico, e resulta que agora eles mesmos se van convertir nos reis do chorreo, xa que no conxunto da provincia actuarán con gravilla e chorreo de distintos tipos nun total de 492,5 quilómetros, e só teñen previsto usar aglomerado en quente en 6,5 quilómetros”.
![]() |
Barreiro indicou que este plano de conservación contempla, efectivamente, a actuación para garantir a vialidade en inverno, mellora puntual de curvas, mellorar a drenaxe das estradas, e mellorar a sinalización. “Pero o que non se pode é mentir, dicindo que haberá un cambio drástico con respecto ó anterior Goberno provincial xa que non se inclúe ningunha actuación que non se contemplara na anterior etapa e, en todo caso, o cambio será a peor”. Así, por exemplo, no que atinxe ás cunetas só se actuará en 557,5 quilómetros, que só supón o 13’5% do total da rede viaria provincial.
O voceiro do GPPP lembrou que o estado no que se atopa a rede viaria provincial é, en xeral, lamentable e nalgúns puntos concretos presenta deficiencias mois graves. “E en función das actuacións previstas, non se mellorará sustancialmente a situación”, puntualizou.
Na súa opinión, o bigoberno da Deputación adicouse a facer o ridículo pintando os baches con spray, algo que provocou as críticas de moitos cidadáns, como el mesmo, segundo recalcou, puido constatar entre os afectados os últimos meses durante as xuntanzas que mantivo en diversos concellos da provincia.
Salientou asimesmo na súa comparecencia de hoxe, na que estivo acompañado polo voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia, que estes proxectos deberían estar xa aprobados, licitados e adxudicados no verán, porque estas actuacións puntuais, “que no fondo representan unha menudencia”, deberían de estar feitas antes de comenzara o inverno porque agora, dada a cliomatoloxía adversa, non poderán acometerse ata a vindeira primavera ou o verán.
Os datos do conxunto da provincia son:
TOTAL QUILÓMETROS.- 4.200 KM.
QUILÓMETROS SOBRE OS QUE SE ACTÚA.- 498’875 KM., O QUE SUPÓN O 12% DO TOTAL.
SOBRE OS QUE SE ACTÚA, EMPRÉGASE TRATAMENTO SIMPLE EN 286’628 KM, (57’5%). SUPÓN QUE NO CONXUNTO DA REDE PROVINCIAL ACTÚASE CON ESTE TIPO DE TRATAMENTO NO 6’85%.
SOBRE OS QUE SE ACTÚA, CON DOBLE TRATAMENTO, 126’596 km., (25’4%). CON RESPECTO O TOTAL DA REDE PROVINCIAL, SUPÓN O 3’01%.
SOBRE O QUE SE ACTÚA, REXENERACIÓN DO FIRME, 72’691 KM, (14’6%). EQUIVALE Ó 1’75% SOBRE O TOTAL REDE VIARIA PROVINCIAL.
SOBRE O QUE SE ACTÚA, SANEO DA PLATAFORMA, 7’500 Km., (1’5%). CON RESPECTO A TODAS AS ESTRADAS DA PROVINCIA SUPOÓN O 0’18%.
SOBRE O QUE SE ACTÚA, CON AGLOMERADO EN QUENTE, REFORZO DO FIRME, 6’460 KM., (1’3%). SUPÓN O 0’16% CON RESPECTO Ó TOTAL DA REDE VIARIA PROVINCIAL.
AS ZONAS PEOR TRATADAS.- Das 13 zonas nas que se distribuiu a provincial, a peor parada é a que inclúe os concellos de O Páramo, Sarria, O Saviñao, Paradela e Portomarín. Os datos, en opinión de José Manuel Barreiro, son contundentes:
Total da rede viaria provicial na zona.- 327’688 km.
Total kilómetros nos que se actúa.- 15’506
Destes 15’506 Km, aplicarase tratamento simple (gravilla e rego asfáltico ECR-2) en 2’606. Con doble tratamento (gravilla e riego asfáltico ECR-3) en 11’200 k. Rexeneración do firme con gravillón, gravilla e ECR-2, en 300 metros. Saneo da plataforma con zahorra, grava, gravilla e ECR-3, en 400 metros. Reforzo do firme con aglomerado en quente, 1.000 metros, que se correponden coa estrada Oural-O Incio.
Tampouco sae moito mellor parada a que engloba ós municipios de O Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil, unha zona netamente de montaña que precisamente por esta característica deberían, ó entender dos populares, ter un tramento especial. Así, dos 316’5 km que ten a rede provincial nesta zona, só está previsto actuar sobre 26’865 km., o que supón o 8,5 por cento.