Partido Popular de Lugo

O GPPP DI QUE É NOTORIA A DESCOORDINACIÓN EXISTENTE NA DEPUTACIÓN ENTRE AS AREAS CONTROLADAS POLO PSOE E O BNG

Lugo, a 28 de novembro de 2008.- A descoordinación existente entre as áreas da Deputación controladas polo PSOE e polo BNG é un feito. Os últimos exemplos que confirman esta situación puidieron constatarse no último pleno da corporación provincial.

O proceso de transferencias dos hospitais ó Sergas, concretamente o caso do San Rafael, é un deles. Mentres o BNG avogou hai uns días por boca da súa vicepresidenta terceira pola continuidade do psiquiátrico; o PSOE, nas explicacións dadas polo propio Presidente, non respaldou esta posición e só apuntou a que, en caso de peche do centro hospitalario, tentaría buscarse unha compensación coa posta en marcha doutro servicio.  

O outro é o pago dun billete a Sudamérica. Neste caso o GPPP lamenta que o voceiro do BNG na Deputación de Lugo Antonio Veiga demorara ata agora dar explicacións sobre cómo, cándo e por qué a administración provincial se fixo cargo dos gastos derivados da viaxe dunha séptima persoa a Montevideo e que, aínda por riba, o faga precisamente cando o seu socio de Goberno non só se desentende da cuestión senón que o apunta directamente a el como responsable.

Destacar o matiz sobre quén asume o pago parece ser importante para os dous socios de goberno a causa deste reparto estricto de competencias que teñen establecido. Así, aínda que o decreto no que se inclúe o pago deste billete de avión está asinado polo Presidente, a autorización para proceder ó abono do mesmo é do responsable da área de Cultura, Antonio Veiga.

As explicacións de Veiga son, por tanto, ademais de tardías, inexactas. O concepto polo que se asume o pago do manido billete no xa reiterademnte mencionado decreto do Presidente do 9 de outubro é “viaxe institucional a Montevideo” e a viaxe á que agora alude o Sr. Veiga está consignada como “viaxe cultural a Uruguay”. Faise referencia a ela, concretamente, nun decreto asinado o pasado 8 de setembro por o presidente en funcións.

O GPPP, polo tanto, lee e comproba minuciosamente a documentación, algo que, pola contra, non parecen facer en igual medida os diferentes integrantes do bigoberno da Deputación.  

Puntualizan asimesmo os populares que o nome do beneficiario desa viaxe cultural ou institucional a Montevideo fixoo público o Sr. Veiga despois de que a súa calada volvéraselle en contra e acabara por salpicalo. A identidade da persoa aludida saiu á luz precisamente porque o voceiro do Bloque viuse na obriga de lavarse as mans sobre este asunto, o que deixa claro o pouco respeto que amosa hacia tercerias persoas cando o seu intencionado silencio lle pasa factura.