Lugo, a 27 de novembro de 2008.- O Partido Popular de Lugo celebrará o vindeiro sábado en Vilalba a súa cuarta convencion provincial na que participarán máis de 200 cargos electos, entre deputados, alcaldes e concelleiros.
O encontro, que se centrará en analizar pormenorizadamente os algo máis de tres anos do bigoberno da Xunta de Galicia e a repercusión que esta actuación tivo nos concellos da provincia, así como a actividade desenvolvida polos representantes do Partido Popular neste período, principiará ás 10 da mañá e prolongarase ata as oito da tarde.
O Presidente provincial José Manuel Barreiro será o encargado da apertura oficial desta xornada de traballo, xunto co alcalde de Vilalba Gerardo Criado, así como da súa clausura.
Manuel Ruiz Rivas, voceiro do Grupo Parlamentario Popular, fará, pola súa banda, unha exposición das conclusións acadadas durante o encontro tras a intervención dos distintos portavoces de área e o debate que éstas fomenten entre os asistentes.
A proximidade das elección autonómicas será tamén un dos asuntos que marcará o contido da xuntanza tanto para establecer as liñas de actuación que seguirá o Partido Popular ata o final da lexislatura como para facer balance dela.