Partido Popular de Lugo

O GPPP REPLICA A BESTEIRO QUE EL MESMO AUTORIZOU O PAGO DUN BILLETE DE AVIÓN A MONTEVIDEO A UNHA SÉPTIMA PERSOA

Lugo, a 26 de novembro de 2008.- O GPPP indica que da única viaxe institucional a Montevideo organizada e sufragada pola Deputación da que ten constancia é a que encabezou o seu Presidente José Ramón Gómez Besteiro o pasado mes de setembro.

Polo tanto, só a esta viaxe é imputable ó billete de avión desa séptima persoa cuxa identidade, pola explicacións dadas onte no pleno polo Sr. Presidente en resposta a unha pregunta formulada polo seu propio grupo, di descoñecer.

Lembran os populares que, sen embargo e pese o seu descoñecemento, o visto bo ó pago dese billete de avión, no que explícitamente se indica no concepto “con motivo da viaxe institucional a Montevideo”, está includo nun relatorio de facturas, asinado polo propio Gómez Besteiro nun decreto con data do 9 de outubro.

Para os populares resulta sorprendente, por tanto, que o Presidente da Deputación decoñeza a identidade dese “séptimo pasaxeiro” e pregúntanse, si efectivamente e como el sostén, non formou parte da súa comitiva, por qué o organismo provincial asume o gasto dun  traslado que non se produciu.