Partido Popular de Lugo

O PP ALERTA DA SITUACIÓN CAÓTICA NA QUE SE SUMIRÁN MOITOS CONCELLOS POLA REDUCCIÓN DRÁSTICA DE FONDOS PREVISTA POLO GOBERNO CENTRAL

Lugo, a 25 de novembro de 2008.- O Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro compareceu hoxe xunto cos alcaldes de Quiroga, Julio Álvarez , e o de Antas de Ulla, Javier Varela, membros da Fegamp e da Femp respectivamente, para chamar a atención sobre a situación crítica na que se atopan os concellos da provincia ante a drástica rebaixa dos fondos que recibirán do Estado. 

Unha reducción que será a primeira destas características que se levará a cabo en España en toda a historia da democracia e que para o concello de Lugo, por exemplo, suporá unha perda dun millón de euros, segundo recoñeceu no seu día o alcalde, José López Orozco. E que no conxunto da provincia suporía, segundo as estimacións dos populares, unha rebaixa de ingresos para os concellos de entre 12 e 15 millóns de euros.

Os representantes populares lembraron neste contexto que socialistas e nacionalistas rexeiteron na Deputación unha moción presentada polo GPPP sobre financiación local na que precisamente pedía que non se reducira a aportación estatal e que, unha iniciativa similar presentada no concello si contou co voto favorable do PSOE mentres que o BNG mantivo o seu rexeitamento.

Así, tras salientar que os concellos son as administración públicas máis pequenas pero tamén as máis próximas ós cidadáns, os populares indicaron que o vindeiro ano, segundo os Orzamentos Xerais do Estado, recibirán, no conxunto do Estado, preto de 1.000 millóns de euros menos, o que supón unha rebaixa do 6,3 por cento con respecto ó presente exercicio.

Unha reducción de recursos que suporá a perda da cuarta parte dos ingresos totais dos municipios nun intre no que se está a vivir no país a maior crise económica dos últimos anos. Esta rebaixa súmase á paulatina perda de ingresos que están a sufrir as administracións locais derivada da disminución da actividade urbanística e da reducción no cobro de impostos coa supresión, por exemplo, do de actividades económicas. Por riba, as extraordinarias dificultades para poder acceder a créditos pon ós concellos, segundo os populares, ó borde do abismo.

Os populares criticaron que, pese a que as enmiendas ós PXE 09 realizadas pola FEMP foron aprobadas por unanimidade, cos votos favorables incluso dos socialista, á hora de tratalas no Congreso só acadaron o respaldo do Grupo Popular. “Desgraciadamente principiamos a estar acostumados a que os socialistas cambien o seu voto e o seu discurso segundo en qué lugar se atopen e en función do que máis lles interese en cada momento”, explicou José Manuel Barreiro.

Para os populares as reivindicacións da Femp eran realistas, asumibles e necesarias.

O Partido Popular esixe ó Goberno central un maior respaldo financiero ós concellos así coma un novo modelo de financiación local. Esta reforma “urxente” da financiación ós concellos debe acometerse, ó entender dos populares, de xeito simultáneo e vinculante coa reforma do modelo de financiamento autonómico.  

Lembran neste contexto dende o PP, que os municipios veñen reclamando dende hai tempo unha revisión do seu financiamento, alegando que cada vez está a asumir máis servicios directos ós cidadáns que en moitos casos son de competencia da comunidades autónomas ou do propio Estado.

MEDIDAS URXENTES.- Co fin de atallar esta situación de “colapso económico” nas administracións locais, o PP propón ó Goberno central que adopte dúas medidas de xeito inmediato de cara ó vindeiro ano para “asegurarlles liquidez”: crear unha línea no ICO de crédico local, por importe de 5.000 millóns de euros, que teñan como finalidade principal facer fronte ós pagos que moitos concellos acumulan con empresas; avalar coa garantía do Estado emisións de deuda dos principais concellos que facilitar a colocación das mesmas e por importe máximo de 4.000 millóns de euros.

Estas dúas propostas “urxentes” deben complementarse, segundo os populares, con outras actuacións. Trataríase de afrontar o grave problema que supón ós concellos asumir competencias que non lle son propias e que supoñen de media algo máis do 26 por cento do seu gasto público.

Que o Estado promova a transferencia de competencias e recursos dende as Comunidades Autónomas ós concellos facendo así máis eficaz o Estado das Autonomías e que elabore unha nova lei de bases paralela á Lei de Facendas Loicais, así como a creación dun Consello Local de Política Financieira, son outras das iniciativas que plantexan os populares.