Partido Popular de Lugo

OS POPULARES DA MARIÑA DENUNCIAN QUE A DEPUTACIÓN ESQUECE AS VÍAS PROVINCIAIS DA COMARCA

Burela, 24 de novembro de 2008.- Os deputados provinciais do PP pola Mariña José María González Barcia, José Manuel Yanes Ginzo e Guillermo Leal Arias, xunto con alcaldes e voceiros municipais populares, denunciaron hoxe en Burela o trato que a Deputación está a ter coa comarca. Así, segundo indicaron, a administración provincial esquécese durante o inverno do mantemento da rede viaria que é da súa competencia nestes concellos e por riba non prevé levar a cabo ningunha actuación relevante para mellorar as súas condicións de vialidade.

Os populares denunciaron que o Plano de Conservacion da Rede Viaria Provincial elaborado polo bigoberno provincial, ademais de chegar tarde, xa que tiña que estar licitado e adxudicado polo verán; chega mal, porque abarca moi poucos quilómetros de estradas no que se refire a actuacións programadas, e chega arrastro, porque prima o rego asfáltico sobre o aglomerado en quente ou en frío.

Por elo, afirman que as críticas que no seu día fixo o PSOE vólvense agora contra deles, por seren incapaces de xestionar os recursos da Deputación cun criterio axeitado.

Os deputados provinciais indicaron que as actuacións que están proxectado realizar nas vías provincias da comarca ó amparo do Plano de Conservación resultan desoladoras. Os datos así o constatan:

Total de kilómetros da rede viaria provincial na Mariña.- 799’699 km.

Total de kilómetros sobre os que se prevén actuacións programadas.- 108’971.

Tanto por cento sobre o total da rede viaria provincial na comarca.- 13’62%.

Actuación con trartamento simple (gravilla con ECR-3).- 47’686 km, que representan o 5’96% do total da rede viaria provincial na comarca.

Actuación con doble tratamento (gravilla con ECR-3), 35’587, o que representa o 4’45% do total da rede viaria provincial na comarca.  

Rexeneracion do firme. (gravillon, gravilla e ECR-2), 22’038 km, o que representa o 2’76% do total da rede viaria provincial na comarca.

Saneo da plataforma (zahorra, grava, gravilla e ECR3) 2’300 km, o que representa o 0’3% da rede viaria provincial na comarca.  

Reforzo do firme con aglomerado en quente.- 1’360 km. O que representa o 0’17% da rede viaria provincial na comarca.

Actuación sobre cunetas.- 121’245 km, o que representa o 15’16% da rede viaria provinvial na comarca.

Os populares lembran que o presuposto de execución por contrata  para este plan de conservación no conxunto da comarca é de 2.450.210€, e nel están incluidas as actuacións programadas, que son claramente insuficientes.

Estas actuacións realizábanse, co anterior equipo de goberno, con proxectos separados, que eran infinitamente máis numerosos que as que se programan agora. Así, por exemplo, a rexeneración da estrada Burela-San Cibrao, no seu tramo burelés, de 2,5 KM., costou 250.000’00€, a décima parte do que o actual Goberno provincial van investir en toda a Mariña.

Sen ir máis lonxe, en Mondoñedo actuarase unha única estrada, a dos Remedios a Romariz; en Riotorto, noutra, a de Santo Tomé a Mazo, curiosamente en 850 metros ó seu paso polo termo municipal de Riotorto; e en Barreiros en ningunha, ó igual que en Ribadeo.

No caso de Barreiros, hai que lembrar que está igual que estaba o novo vial de comunicación paralelo á vía de FEVE, e que xa tiña un tramo adxudicado.

ACTUACIÓNS EN TRAMOS CORTOS.- Ademais, o que antes criticaban, actuar en tramos cortos, volven a facelo agora. Así, na estrada San Cibrao-Burela, actuarase con aglomerado en quente nun tramo de 460 metros, dende o pk 1’040 ó pk 1’500. 

No concello de O Vicedo, farase nun tramo que tén 400 metros, con rego asfáltico ECR-3, na estrada de Vicedo á Cruz da Pardiñeira e  o tramo de aglomerado en quente na estrada San Cibrao-Burela é o único que vén programado con tal material.

Hai máis cousas que chaman a atención, ó entender dos respresentantes populares. Destacan, por exemplo, que se fan distintas actuacións na mesma estrada, pero de xeito contiguo.

Así, na estrada de Cadramón a Pereiros, nos concellos de Alfoz e O Valadouro, faise un tramo de 1.300 metros con doble tratamento de rego asfáltico, e inmediatamente a continuación fanse 400 metros con tratamento simple. Por qué non facer os dous tramos con doble tratamiento, preguntanse dende o PP.

Na estrada de Alfoz, de Rúa Oirás a Pereiro, faise un tramo de 1.300 metros e outro de 80 metros, e no medio queda un tramo sen tocarlle de 270 metros. Por que non abordala na súa integridade, pregúntanse os populares.

Ó entender dos representantes do PP na comarca da Mariña e en base ós datos esgrimidos, estes proxectos non están ben redactados. 

Salientan asemesmo que a rede viaria da Deputación está descuidada, porque pasou un ano sen que se lle tocara. Indicaron a este respecto que o último programa de conservación foi adxudicado polo anterior equipo na primavera de 2007, hai máis de ano e medio, o que constata a despreocupación do bigoberno da Deputación pola conservación e mellora destas infraestructuras.