Lugo, a 24 de novembro de 2008.- O GPPP insistirá mañá no pleno da corporación provincial na necesidade de avanzar no pagamento da débeda do canon hidroeléctrico e para cuxo obxectivo presentaron unha moción.
Lembran os populares que moitos dos 16 alcaldes afectados por esta cuestión segue a agardar máis de un ano a que o Presidente da Deputación manteña unha xuntanza con eles para abordar esta cuestión. Salientan asemesmo que no orzamento da Deputación do presente exercicio hai consignadas partidas para cumplir a sentencia, a maiores da fixada para Chantada, que non só están sin executar senón que aínda non se estableceu qué obras e en qué concellos se van a facer.
Por esta razón, para os populares resulta uxente a temporalización do calendario de cumprimento da sentencia, así como os investimentos a realizar en todos e cada un dos 16 concellos afectados, porque nin sequera no caso de Chantada se concretou nada a este respecto. A Deputación o único que fixo con respecto a este último concello foi deducirlle de xeito inmediato e a cargo deste pago as débedas que tiña pendentes coa administración provincial.
ÁREAS PARA AUTOCARAVANAS.- O GPPP tamén levará mañá ó pleno da Deputación un rogo para que a Administración provincial se implique na planificación e financiación de áreas para autocaravanas en diversos concellos da provincia.
A tal efecto e en opinión dos popualres, a Deputación debe consultar cos concellos e tamén coas asociacións de autocaravanistas para ver as posibilidades de abordar este asunto e así poder incluir xa partidas con este fin nos orzamentos de 2009.
CONTINUIDADE DO SAN RAFAEL.- O GPPP tamén requerirá ó Presidente da Deputación información sobre o futuro do centro hospitalario de San Rafael ante a aparición de diversas informacións nas que se apunta a posibilidade de que o Sergas sopese o seu peche. Os populares queren coñecer cal é a posición de Gómez Besteiro neste asunto e fundamentalmente se vai garantir a continuidade destas instalacións.