Sarria, a 20 de novembro de 2008.- O GPPP lamentou hoxe en Sarria que o bigoberno da Deputación non esté a ser máis ambicioso á hora de negociar a transferencia de estradas da rede viaria provincial á Xunta de Galicia, ó entender que se poideron incluirse máis tendo en conta “simplemente” o que estipula o Plano Director de Estradas que tén redactado a propia Administración autonómica.
José María González Barcia, voceiro adxunto do GPPP, estimou que houbo pouco traballo político neste campo, e non cabe achacarlle nada ós funcionarios, dado que estes “limítanse a seguir directrices”. De entrada, na primeira reunión mantida hai meses coa conselleira de Política Terrirotial para abordar este asunto non se aportou ningunha proposta desde a Deputación, e nen sequera se lle deu ó encontro a relevancia que tiña, como demostra o feito de que asistiu a ela a Vicepresidenta segunda e non o Presidente.
Agora, “por non molestar e para quedar ben diante da opinión pública”, tentouse enmendar “esa actitude desidiosa” coa redacción dunha proposta alernativa. Así, se a que facía a Xunta traía consigo que a Deputación asumía 71 quilómetros a maiores; coa da Deputación, a Xunta asumiría 150 quilómetros da rede viaria provincial.
Pero esto é, ó entender dos populares, insuficiente. “Se no seu momento argumentouse que a rede viaria provincial era a máis grande de Galicia, complexa de atender e sumamente costosa, non entedemos como agora os responsables da Deputación só se conforman, no mellor dos casos, con que a Xunta asuma únicamente o 3’6% da rede viaria provincial”, explicou Barcia.
As razóns esgrimidas polo GPPP nunha rolda de prensa celebrada en Sarria e na que tamén participaron o deputado provincial e alcalde de Paradela José Manuel Mato, o alcalde de O Páramo Gumersindo Rodríguez, o teniente alcalde de O Saviñao Carlos Armesto e o Presidente do PP de Sarria José Antonio García, van nunha dobre dirección. Por unha banda, porque un proceso de transferencias deste tipo non se fai todos os días, e hai que aproveitar as oportunidades facendo presión política. “Algo que neste caso non se fixo”.
Por outro lado, porque o mesmo Plano Director de Estradas, ademais da rede de altas prestacións e da rede de articulación territorial, fala da rede complementaria de articulación territorial, definíndoa como aquela que comunica os núcleos urbanos principais de poboación e cabeceiras municipais, propoñendo incluso que a competencia sexa asumida pola Xunta.
Pois ben, dende o GPPP dubídase de que todas as estradas que a Deputación pretende agora transferir a maiores á Xunta cumplan todas con ese requisito. É o caso, por exemplo, da CP 4001, de Pedraza a Couto, cun tramo de 11’48 km.
Pero pola contra, outras que cumplen perfectamente con esa definición de enlace entre núcleos urbanos principais non se inclúen. Están nesta situación, por poñer algúns exemplos, a estrada que vai dende Feira do Monte a Vilalba; a que comunica Castro de Rei con Feira do Monte; a de Samos a Sarria por Pintín; de Portomarín a Toboada; ou o mesmo o cinturón comarcal que abrangue ós concellos que rodean ó de Lugo. E incluso esta mesma estrada, a Oural-O Incio, que ten un tramo de competencia provincial e outro de compentencia autonómica e que encaixa no paquete de víais a transferir á Xunta.
OCASIÓN PERDIDA.- Polo tanto, según indicou Barcia, “nós entendemos que estamos ante unha ocasión perdida; pese a que as alegacións da Deputación significan que a Xunta asumiría 150 quilómetros, porque aínda nos quedarán 4.050 Km, que seguen sendo moitos, e esta claro que tardará en repetirse outra oportunidade coma ésta”.
Dende o GPPP tamén puxeron de manifesto a súa extrañeza porque na documentación que se remitiu desde a Deputación á Xunta non se inclúe ningunha exposición de motivos “convicente” para xustificar os traspasos de estradas que se plantexan nas alegacións.
Por esta razón, ó entender dos populares, perdeuse unha boa oportunidade de facer un sondeo entre os concellos para coñecer a súa opinión e facer un plantexamento unitario. “Da a impresión”, explicou Barcia, “que a Deputación colabora cos concellos só cando hai foto, pero cando hai que traballar, poñendo argumentos serios riba da mesa para negociar a mellor opción coa Xunta de Galicia, o bigoberno prefire mirar para outro lado”.
Suliñou, asimesmo, que o GPPP “amousou públicamente” a súa disposición a colaborar na redacción deste documento “por entender que é unha cuestión de provincia, de relevancia xeral” pero que, como en outras ocasións máis, “non contaron con nós”.