Partido Popular de Lugo

CARGOS PÚBLICOS LUCENSES ARROUPAN A JOSE MANUEL BALSEIRO NA ENTREGA DA ÁNCORA DE PRATA COA QUE LLE DISTINGUIU A REAL LIGA NAVAL ESPAÑOLA

A Mariña, 20 de novembro de 2008.- Varios cargos públicos lucenses arrouparán  a Jose Manuel Balseiro Orol na Cea de Gala na que se lle fará entrega da medalla de cabaleiro da áncora de prata, condecoración coa que lle distinguiu a Real Liga Naval Española como recoñecemento ao desempeño do seu traballo e forte compromiso na defensa dos intereses das persoas relacionadas co mundo do mar.

O convite de honra terá lugar no Salón da Actos da Xurisdición Central da Mariña, en Madrid, mañá venres 21 de novembro, ás 21 horas. O deputado popular que ostenta tamén a Secretaría Xeral desta formación política na nosa provincia, estará acompañado de varios alcaldes, deputados nas Cortes Xerais e no Parlamento de Galicia, senadores, amigos e familiares. Xunto a eles, formará parte da comitiva de apoio o Presidente provincial Jose Manuel Barreiro Fernández.

De xeito especial destaca a presenza de varios alcaldes da Mariña lucense, comarca na que reside Jose Manuel Balseiro.

José Manuel Balseiro Orol exerce de voceiro de Asuntos Pesqueiros do Grupo Parlamentario Popular e foi autor, ao longo desta lexislatura, de múltiples iniciativas que teñen por obxecto a mellora das condicións de vida e seguridade dos membros das tres mariñas: pesqueira, armada, deportiva e mercante. Precisamente nestes estes obxectivos son coincidentes cos fins da organización que lle outorga o premio, a Rel Liga Naval Española, entidade de utilidade pública que traballa na promoción e defensa dos intereses marítimos de España.