Partido Popular de Lugo

A POLÍTICA URBANÍSTICA DO PSOE EN VIVEIRO É O MELLOR XEMPLO DO QUE NON DEBE FACERSE NUNCA, ASEGURAN OS POPULARES

Viveiro, a 20 de novembro de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro desprazouse hoxe ata Viveiro para participar nunha xuntanza cos membros da executiva local da formación, que preside César Aja, así como do grupo municipal do que é voceiro Guillermo Leal, e que estivo aberta á participación de afiliados e simpatizantes.

No trancurso do encontro, ó que tamén asistiu o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro, analizáronse diversos asuntos de actualidade municipal, algúns dos cales están a ser obxecto dunha fonda preocupación por parte dos veciños. É o caso dos numerosos expedientes abertos por ilegalidades urbanísticas a consecuencia da concesión de licencias a pesar de non contar co pertinente informe favorable dos técnicos municipais. 

Unha situación que os populares non dubidaron en calificar coma “moi grave” dado o enorme perxuizo económico que se está a causar, polo que non dubidaron en indicar que “a política urbanistíticas desenvolvida en Viveiro polo Partido Socialistas é o perfecto exemplo do que nunca se debe facer”. Os populares avogaron por “unha busca urxente de solucións” e apelaron á intervención “decidida” da Xunta de Galicia neste asunto.

A situación económica e as “súas drásticas consecuencias” foi outro dos aspectos sobre os que reflexionou durante a xuntanza. A crise que está a afectar a actividade pesqueira, un sector “crucial” para os veciños deste concello, e incluso o incremento dos impostos municipais, aprobado polo goberno local no último pleno e que, segundo os populares, “non é a mellor maneira de axudar ós veciños a superar este intre de vacas fracas” foron, xunto coa “paralización” da variante da VAC San Ciprián-Ferrol, outros dos temas analizados. 

O encontro mantido hoxe en Viveiro enmárcase dentro dun amplo calendario de reunións de traballo que está a manter o Presidente provincial por toda a provincia co fin de coñecer de primeira man a situación na que se atopan os diferente concellos e comarcas, coordinar a actividade a desenvolver nas diferentes administracións sobre temas de relevancia para cada zona e manter un “contacto directo” coas bases.

Ó remate da reunión, José Manuel Barreiro desprazouse a Xermade para participar nunha cea con afiliados e simpatizantes do Partido Popular na que participou, entre outros, o alcalde da localidade Tomás Rodríguez.