Becerreá, 19 de novembro de 2008-. O abandono ao que están sumidos, por parte do goberno bipartito, os concellos da montaña lucense foi constatado hoxe polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen iniciou en Becerreá un percorrido polas vilas da zona. Dende alí amosou o seu compromiso en favor dunha “política social digna” e dun “mantemento da poboación” nunha das áreas “cun maior problema de accesibilidade de toda Galicia e cunha maior necesidade de apoio e de compromiso político”.
No que se refire aos servicios sociais, Feijóo sinalou que o goberno bipartito “se esquece de que a montaña lucense existe” xa que hai catro residencias de maiores e catro centros de día sen facer dende fai catro anos. En canto á accesibilidade, o líder dos populares insistiu en que ésta é “a asignatura pendente”, xa que, a día de hoxe, os concellos de Baralla e As Nogais están sen conectar por autovía. En idéntica situación se atopan as conexións entre Becerreá e Sarria, así como o enlace da comarca con Asturias, que acumula un retraso importante.
No relativo á perda de poboación, Feijóo apostou polo impulso dos polígonos industriais xa comprometidos –como é o caso do de Becerreá- no que as pequenas empresas podan instalarse e contribuír así ao mantemento da poboación.
“Primeiro unha política social digna e ,segundo, crear conexións viarias e abrir espacio industrial para manter e reter a poboación”, apuntou o presidente do PPdeG como principais compromisos do seu futuro goberno coa montaña lucense.
Por último, Feijóo lembrou que nos orzamentos da Xunta para este 2009 os concellos de Pedrafita, Castroverde e As Nogais “non existen o bipartito”, xa que plantexan “0” euros de inversión.