Partido Popular de Lugo

BARREIRO DI QUE O ACORDO DO SENADO SOBRE PUNTOS NEGROS NAS ESTRADAS PON DE MANIFESTO A INCOHERENCIA DE PSOE E BNG NA DEPUTACIÓN

Lugo, a 19 de novembro de 2008.- O senador e voceiro do GPPP José Manuel Barreiro considera que o acordo unánime acadado o pasado día 12 deste mes no Senado, a proposta do Grupo Popular, pola que se procederá á identificación, sinalización e posterior eliminación dos puntos negros nas estradas da rede estatal, así como o establecemento de acordos coas adminitracións autonómicas e locais para acadar o mesmo fin nas vías da súa competencia, deixa en moi mal lugar á Deputación de Lugo, que se negou a aprobar unha moción similar do GPPP hai escasamente vinte días.

Barreiro suliña que “ó contrario da postura acada polos partidos que conforman o Goberno da Deputación”, foi o propio Grupo Socialistas no Senado o que, a través dunha enmenda presentada á proposta inicial do PP e que foi aceptada, vaise proceder, no que atinxe á rede provincial, non só a identificación e sinalización dos puntos negros existentes como plantexaba o PP, senón tamén a súa eliminación para o que, ademais, o propio Estado aportará os fondos necesarios.

Barreiro, pese a reprochar a actitude “do non porque si” do PSOE e o BNG na Deputación cando se tratou a moción presentada polo seu grupo sobre esta cuestión, congratulouse de que Lugo, “aínda que non sexa gracias ó Sr. Gómez Besteiro”, se vaia a beneficiar duns fondos para mellorar a seguridade vial das estradas provinciais, que no conxunto do Estado poden sumar uns 130 millóns de euros.

En opinión de José Manuel Barreiro esta situación debería “facer reflexionar” ó Goberno da Deputación, “sobre todo ós socialistas”, de que “hai problemas ós que debe dárselle solución, sen importar qué grupo político suscriba a proposta, porque son de interese xeral e, por riba, afectan á seguridade das persoas”. Invitou neste contexto ó Grupo Socialista “a colocar a coherencia e o compromiso con todos os lucenses didiante dos intereses partidistas e a non frivolizar sobre cuestións tan importantes como ésta”.