Partido Popular de Lugo

O GPPP ESIXE Á BESTEIRO QUE ASEGURE A CONTINUIDADE DO SAN RAFAEL

Castro de Rei, 18 de novembro de 2008.- O GPPP manifestou hoxe nunha rolda de prensa celebrada en Castro de Rei, fronte as dependencias do Hospital San Rafael, que a Deputación e a Xunta deben garantir a continuidade deste centro hospitalario.

O vocerio dos populares na Deputación, José Manuel Barreiro, acompañado de membros do PP local, Arturo Pereiro e Francisco Balado, e de deputados provinciais, manifestou que tanto a Deputación coma a Xunta están deixando que se sementen dúbidas sobre o futuro deste centro hospitalario porque o proceso de transferencias ó Sergas, que tamén afecta ó hospital San José, “non se está a desenvolver coa claridade e transparencia que debería”. “A provincia, os traballadores, os internos, as súas familias e o propio concello de Castro estanse xogando moito neste asunto”, suliñou.  

Barreiro explicou que o seu grupo está a favor da transferencia á Xunta dos centros hospitalarios da Deputación, “pero non de calquera xeito ou por meros motivos partidistas ou de rendabilidade electoral”. Nese senso, indicou que “o proceso hai que facelo con rigor, sen perder nunca de vista os intereses colectivos”, o tempo que apuntou que os hospitais psiquiátricos de Conxo, Rebullón e Toén manteñen o seu carácter provincial pese a estar adscritos ó Sergas.  

A FAVOR DA SÚA CONTINUIDADE.- Neste contexto, José Manuel Barreiro defendeu a postura do Partido Popular de Castro de Rei, que se postula pola continuidade do funcionamento do centro dada a súa vital importancia para a economía do concello. Recalca, ademais, que a incertidume que se está creando é negativa para todos, e só xenera desconfianza en todos os sectores implicados. 

Criticou a este respecto que os propios traballadores do centro sanitario non están a ser informados por parte dos responsables da administración provincial da fase na que se atopa o proceso de transferencias e teñan que enterarse polos medios de comunicación “das novidades que se producen”. 

Pola súa banda, os representantes do Partido Popular de Castro de Rei Arturo Pereiro e Francisco Balado manifestaron que entre os cidadáns do concello se está xenerando unha sensación de frustración. Algo que consideran lóxico dado que as noticias que se van coñecendo non auguran nada bo, e os veciños témense o peor: que o centro peche.

Neste contexto instan ó alcalde, que tamén é deputado provincial, a que faga pública a información da que dispoña, dado que, tras aprobar unha moción na que defendía a continuidade do psiquiatrico, nas últimas declaracións que fixo sobre o asunto, e que foron recollidas polos medios de comunicación, avogaba pola reconversión do hospital nun xeriátrico e nunha escola de capacitación agraria. 

Dende a Deputación, a vicepresidenta terceira María Xosé Vega, sen embargo, segundo salientaron os ediles populares, apostaba por a súa continuidade como psiquiátrico. Unha “discrepancia de pareceres”·entre socialistas e nacionalistas que, os populares de Castro de Rei, instan a que se “aclare o antes posible” é a única voz autorizada para  facelo debe ser o Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro. 

Os populares de Castro están dispostos a loitar pola permanencia e funcionamento do centro, dado que a repercusión social e económica do seu peche, no caso de producirse, sería demoledora. Así, segundo aseguraron, moitos comerciantes e autónomos xa se teñen posto en contacto con eles para manifestarlles o seu desacougo porque esa posibilidade acabe convertindose en realidade.