Partido Popular de Lugo

O GPPP TACHA DE INSUFICIENTE O PLAN DE AXUDAS ÓS CONCELLOS DE MENOS DE 5.000 HABITANTES

Lugo, a 17 de novembro de 2008.- O GPPP calificou a firma do convenio do plan de pequenas inversións para municipios de menos de 5.000 habitantes da Deputación de parafernalia excesiva.  

Consideran os populares que os fondos adicados a este programa, preto de 17.000 euros por concello, son escasos, tendo en conta as necesidades existentes, polo que califican de desproporcionada a relevancia que se lle está a dar a súa posta en marcha dende a administración provincial. Salientan tamén que moitas das obras proxectadas polo anterior equipo de goberno, centradas en infraestructuras de relevancia para municipios e incluso comarcas, seguen paralizadas sen que se saiba, ata o momento, cándo está previsto executalas.

Para o GPPP tamén resulta moi grave a discriminación que supón que dende a Deputación se deixe fora deste plan de pequenas inversións aqueles municipios que están afectados pola débeda do canon hidroeléctrico. Non pode excluirse a estes concellos en base a que xa van recibir inversións por outro concepto que é totalmente distinto, recalcan os populares.

Dende o Grupo provincial popular reprocharon ó Presidente da Deputación a súa falta de atención a moitos concellos da provincia que, transcurrido ano e medio dende a súa toma de posesión, aínda están agardado pola súa visita ou por ser recibidos en San Marcos, como el mesmo se comprometera a facer. Criticaron asimesmo a súa desidía por atender e resolver as reclamancións efectuadas por algúns deles que, segundo recalcan os populares, fixeron en nome dos veciños ós que representan.