A Mariña, 15 de novembro de 2008.- O Partido Popular de Galicia (PPdeG) rexistrou unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2009 a través da que reclaman a disposición de preto de tres millóns de euros que irán destinados á asumir os gastos de rehabilitación do barrio de O Celeiriño (Viveiro).
Os populares buscan, a través desta emenda, que a Xunta de Galicia adquira un compromiso formal, e por escrito, de asumir estes gastos, toda vez que xa no seu día anunciou a vontade de facelo o conselleiro de Presidencia, Jose Luis Méndez Romeu. Segundo o PPdeG, as contas autonómicas para o ano próximo non contemplan ningunha cantidade para este obxecto polo que, “é o momento oportuno para facer constar esta achega a través dunha emenda que esperemos sexa apoiada por todas as forzas políticas”.
BENEFICIAR AOS 35 VECIÑOS AFECTADOS.- Na vontade do Partido Popular está ofrecer unha maior seguridade aos 35 veciños que hoxe ven impedida a posibilidade de facer uso das súas vivendas ou perderon os seus fogares. Buscamos apoiar e beneficiar a aquelas familias que están inquietas ante a incerteza de quen será o que se faga cargo dos moitos gastos que esta situación está a provocar e que traerá no futuro o proxecto de rehabilitación do barrio, aclaran desde a formación popular.
“Con independencia de que despois sexa a empresa ou o Concello de Viveiro os responsables do alí acontecido, a Xunta debe garantir que estes cartos chegarán e, polo tanto, que os veciños contarán co apoio e co auxilio da administración galega”.