Partido Popular de Lugo

O PPDEG CALIFICA DE “TOMADURA DE PELO” A PARALIZACIÓN DO PLAN DE INFRAESTRUTURAS DA RIBEIRA SACRA POR FALTA DE MAQUINARIA

Santiago, 14 de novembro de  2008.- Os deputados populares Dámaso López e Susana López Abella cualificaron hoxe de “tomadura de pelo” a paralización do plan de acceso as viñas, dentro do  Plan de infraestruturas da Ribeira Sacra, pola falta de maquinaria adecuada para a realización dos traballos. Para os deputados trátase dun novo despropósito de Medio Rural xa que adxudicou obras e, coñecendo a especial orografía do territorio, non tivo en conta a maquinaria necesaria para a realización das mesmas.

Para Dámaso López  e Susana López Abella este é un novo desprezo aos veciños e veciñas da zona xa que as obras tiñan que comezar nada mais rematar a vendimia “e aínda non sabemos canto tempo durará ese marxe solicitado pola empresa”. Para o PPdG a demora ven a unirse aos constantes retrasos nas obras que se produxeron dende o anuncio do Plan por parte de Vicepresidente da Xunta e o Conselleiro de Medio Rural o pasado mes de xaneiro en Monforte.

Os deputados populares anunciaron que a próxima semana será debatida no Parlamento unha Proposición non de Lei do PPdeG na que solicitan a elaboración dun Plan de Actuacións e desenrolo para a Ribeira Sacra co obxectivo de mellorar a dotación de servizos e a calidade de vida dos veciños e veciñas desta zona das provincias de Lugo e Ourense.

Entre as medidas que defenderán na iniciativa figuran as de formación e incorporación de mozos e mozas á actividade agraria no sector vitivinícola e Plans de Mellora en Explotacións na Ribeira Sacra. Así mesmo solicitarán liñas de axudas específicas para facer fronte os gastos adicionais xerados polo mantemento do paisaxe cultural e renda perdida por este concepto e o apoio a comercialización, reestruturación e reconversión de viñedos, así como outras medidas de protección do medio ambiente.

Para os deputados populares estas medidas de promoción da D.O. da Ribeira Sacra son indispensables para a subsistencia da maioría dos veciños dadas as dificultades polas que está a atravesar un sector que representa a principal fonte de ingresos da economía local.