Partido Popular de Lugo

BARREIRO ALERTA DE QUE A TAXA DE DESEMPREGO EN MONFORTE REQUIRE A TOMA DE MEDIDAS URXENTES

Monforte, a 14 de novembro de 2008.- José Manuel Barreiro salientou hoxe en Monforte que é necesario tomar medidas “urxentes” para paliar a crise económica xeral da que non é allea nin o concello de Monforte nin a comarca de Lemos. Exemplo claro de que as cousas non van ben e de que “as consecuencias son xa desgraciadamente evidentes” é a importante subida que en Monforte experimentou o desemprego no último mes cun incremento do 10 por cento con respecto a setembro, situándose en 1.208 o número de persoas que están sen traballo, e que supón unha suba do 12 por cento se se comparan os datos co mesmo mes de 2007.

Ante esa situación, segundo explicou durante o encontro que mativo co comité local do partido, que encabeza Dámaso López, e con afiliados e simpatizantes en xeral, o PP ten un paquete de medidas tendentes a mitigar os efectos da crise, que van especialmente encamiñadas ás familias, ás pemes e ós autónomos, que “son os que máis directamente están a pagar as consecuencias da cointura económica actual”, e que perseguen coma obxectivo último incentivar a reactivación económica.

Entende Barreiro que, dadas as “difíciles” circunstancias que está a vivir Monforte, non se constata unha “aposta decidida” das institucións por cambiar o rumbo dos acontecementos. Unha circunstancia que queda constatada cos números dos orzamentos xerais do Estado e da Xunta de Galicia, nos que non se prevé a execución de ningunha obra nova importante neste concello e nos que se mengua ou adican partidas testimoniais ás que están en marcha. 

“Nada para o regadío Val de Lemos, nada para saneamento, nada para a supresión dos pasos a nivel, nada para a autovía a Chantada… e rexeitamento xeralizado por parte de socialistas e nacionalistas ás enmendas presentadas polos nosos deputados nacionais para tentar compensar ese trato discriminatorio, e temémonos que algo parecido aconteza no Parlamento galego”, salientou o Presidente provincial dos populares, que tamén asegurou “que seguiremos traballando en Monforte, Santiago e Madrid para acadar as mellores condicións de vida para todos os monfortinos coa presentación de cantas iniciativas sexan necesarias”.

O encontro de hoxe en Monforte, no que tamén participou o secretario xeral da formación José Manuel Balseiro, enmárcase na ronda de contactos que o Presidente provincial está a celebrar por toda a provincia coas agrupacións locais. O obxectivo é coñecer de primeira man as inquedanzas e propostas dos afiliados co fin de incorporalas despois á acción política do partido, así como coordinar a actividade que van a desenvolver os representantes do partido nos diferentes ámbitos de actuación política.