Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “A CRISE É REAL POLO QUE É URXENTE ARTELLAR MECANISMOS PARA TENTAR ATALLALA”

Lugo, a 14 de novembro de 2008.- José Manuel Barreiro reuniuse esta mañá con representantes dos máis diversos colectivos e asosacións de Lugo, así coma con público en xeral, para explicarlles as propostas do Partido Popular para tentar superar a grave crise económica que está a sufrir o país.

“A crise é real, non é un augurio, nin unha premonición, nin unha visión que algúns tentan descalificar tachandoa de catastrofista. E algo tanxible, que pode xa incluso cuantificarse sobre todo porque o incremento da taxa de paro é xa alarmante”, explicou Barreiro ós asistentes.  

Así, segundo indicou, un dato significativo é que cada día do pasado mes de outubro preto de 400 galegos perderon o seu emprego. Nese mesmo mes en Lugo, a provincia galega que experimentou o maior incremento do desemprego, 1.267 persoas quedáronse sen traballo. A destrucción de postos de traballo vai a tal ritmo que nun ano a cola do paro incrementouse en España un 37 por cento; un 15 por cento en Galicia e un 24 por cento en Lugo. “Estamos a encabezar o ranking de parados de todos os países do noso entorno”, engadiu.

Fronte esta situación, salientou Barreiro, Lugo é a provincia galega que menos investimento recibe do Estado, un 12,84 por cento, e por riba o 51 por cento do presupuestado no 2007 non se executou; e a Xunta, en comparación cos orzamentos do 2008, rebaixou en 44 millóns a súa consignación para Lugo. 

“Dende o Partido Popular creemos que dende as institucións non se están a facer as cousas ben pero que hai mecanismo para tentar atallar esta recesión económica é que é posible, artellando os mecanismos e as medidas axeitadas, tentar compensar e axudar ós que máis directamente están a sufrir as consecuencias desta situación”.

FAMILIAS, PEMES E AUTÓNOMOS.- Nesta línea, o paquete de medidas que propón o Partido Popular van dirixidas ás familias, ás pequenas e medianas empresas e ós autónomos, así como a impulsar a reactivación da economía en xeral.

Así, os populares apostan por axudar ás familias aumentando do 15 ó 25% a deducción por adquisición da vivenda habitual, actualizando a base deducible das hipotecas até os 10.000 euros anuais, e axustando as retencións do IRPF á propia deducción. 

Apostan asimesmo por rebaixar do 25 ó 20% o imposto de sociedades para as 45.000 pemes galegas. Tamén avogou por ampliar esta denominación de pequena e mediana empresa a aquelas sociedades que facturen até 12 millóns de euros, e ampliar o límite actual fixado, en oito millóns. 

É preciso incentivar a actividade das pemes polo que dbe reducirse o imposto de sociedades que teñan que satisfacer estas empresas.  

Para os autónomos, o PP plantexa reducir á metade o prazo para recuperar o IVE dos créditos incobrables para os máis de 235.000 autónomos galegos, ademais de incrementar do 5 ó 8% a porcentaxe de provisións e gastos de difícil xustificación. 

O PP tamén aposta porque q8e se restableza a liberdade de amortización para elementos novos de inmobilizado material e intangible adquirido polas empresas en 2009 e 2010 co fin de serrar un novo estímulo para o investimento empresarial e, ó tempo, contribúa a aliviar a carga fiscal ás empresas.