Santiago, 11 de novembro de 2008.- A voceira de Igualdade do Grupo Popular, Susana López Abella, expresa a súa consternación, e a de todo o PPdeG, polo novo caso de violencia doméstica coñecido esta mañá e que se saldou coa morte dunha muller de nacionalidade portuguesa a mans dun veciño de Cambre.
Para López Abella, este novo caso de violencia de xénero evidencia a necesidade de que o conxunto da sociedade, Administracións e cidadáns, extremen a vixilancia e denuncie calquera comportamento sospeitoso que poda supoñer a antesala dun drama como o feito público esta mañá.
O PPdeG traslada tamén o seu pesar á familia da vítima e quere expresar o seu recoñecemento aos diferentes profesionais que desenvolven tarefas relacionadas coa prevención e loita contra a violencia de xénero e que, malia as carencias de medios humanos e materiais coas que conviven a cotío, exercen un labor meritorio.