Partido Popular de Lugo

O PP PIDE ÓS PARLAMENTARIOS DO PSOE QUE TRABALLEN POLA VITICULTURA DA RIBEIRA SACRA E DEIXEN DE POLEMIZAR

Sober, a 11 de novembro de 2008.- A deputada nacional e alcaldesa de Sober, Raquel Arias Rodríguez, manifestou o seu malestar e a súa sorpresa ante as declaracións efectuadas polos deputados socialistas sobre a situación da viticultura na Ribeira Sacra.

Raquel Arias insistiu en que o PP recolle as inquedanzas do sector e está pola defensa do mesmo, como así quedou de manifesto coa presentación de máis dunha decena de iniciativas no Congreso. Entre elas unha que foi consensuada co Partido Socialista en na que se insta ó Goberno do Estado a que, en colaboración coa Xunta de Galicia e os concellos afectados, se poñan en marcha medidas de apoio ó sector polas súas peculiares características. “Un apoio”, que suliña a deputada popular, “o propio PSOE considerou necesario”.

Así, ese paquete de axudas incluirían a posta en marcha dun plano de desenvolvemento propio para a Ribeira Sacra que inclúa, entre outras actuacións, medidas de formación e apoio á incorporación dos mozos ó sector vitivinícola, axudas para facer fronte ós gastos adicionas  xerados polo mantemento da paisaxe cultural e a renda perdida por este concepto, así como apoios á comercialización, reestructuración e reconversión de viñedos e apoio ás iniciativas innovadoras no sector.

A deputada popular precisou asimesmo que o seu grupo político mantivo distintas reunións con tódolos afectados, que lle trasladaron a súa inquietude ante as novas reformas do sector e que así apareceu recollido nos medios de comunicación. Adiantou tamén que o Partido Popular apoiará calquer medida, “veña de onde veña”, que supoña melloras e inversións para a Ribeira Sacra. 

Polo tanto, puntualizou a deputada popular, “nin falsas alarmas nin catastrofismo, o que ocorre e que dende o PP trabállase polos intereses do sector e o PSOE sempre vai a remolque e tratando de pecharlle os ollos á xente e de convencela de que a situación é distinta da que é. Fixérono coa crise a nivel estatal e agora cos supostos beneficios da OCM para a nosa comunidade” .

DISCURSOS DIFERENTES.- En relación as declaracións da deputada socialista, Margarita Pérez,  Raquel Arias asegurou estar asombrada cos reiterados xiros da súa postura. Lembrou a deputada popular que primeiro considerou innecesario levar ó Congreso este asunto; despois o seu propio grupo desautorizouna ó favorecer a presentación dunha iniciativa consensuada a que ela mesma votou a favor, e agora volta a súa postura inicial de que os perxuizos que causará a entrada en vigor da OCM, e recoñecidos polos propios afectados, non son tales. 

Arias deixou claro que dende o PP non desexaban polemizar con esta tema e pediulle a deputada socialista unha postura coherente ó tempo que instou ó PSOE a presentar iniciativas, a traballar pola zona e a instar ós seus compañeiro de partido a que cumpran os compromisos adquiridos. Lembrou neste senso que o tan aludido Plan de reequilibrio territorial da Xunta de Galicia non se concretou en nada na Ribeira Sacra e que o plan de infraestructuras previsto para ela está aínda sen executar.