Partido Popular de Lugo

O GPPP RECLAMA Ó PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN EXPLICACIÓNS SOBRE A TRANSFERENCIA DE ESTRADAS COA XUNTA

Lugo, a 11 de novembro de 2008.- O GPPP insta a Gómez Besteiro a explicar de xeito oficial ós grupos políticos con representación na Deputación en qué termos se vai a realizar a mutua transferencia de estradas entre o Goberno autonómico e o provincial.

Os populares lamentan que ata o momento e pese a solicitar por escrito documentación ó respecto (concretamente os días 18 de setembro e posteriormente, dado que non houbo resposta, o 3 de novembro) non teñan información das condicións nas que se acometerá o proceso.

Salientan dende o GPPP que, xa que parece claro que o responsables do bigoberno provincial non teñer previsto pedir opinión á oposición, cando menos que lles faciliten información, dado que o prazo para a presentación de alegacións o plantexamento realizado pola Consellería de Política Territorial remata o vindeiro día 16 e, ata o momento, non teñen constancia de que dende a Deputación de Lugo se fixera ningunha proposta ó Goberno autonómico.

Os populares seguen sen entender cómo é posible que hai máis dun ano o Sr. Besteiro asegurara que a administración provincial non podía asumir o sustento dunha rede provincial de máis de 4.000 quilómetros pola excesiva carga económica que elo suponía e despois, a raiz da reunión mantida a mediados de xullo coa conselleria de Política Territorial, non puxera ningunha pega ó feito de que nese proceso de transferencias a administración provincial asuma preto de 72 quilómetros máis.

Lembran dende o PP que, segundo a exigua información facilitada a raíz daquel primeiro encontro con María José Caride, a Deputación asumirá da Xunta 141,64 quilómetros de estradas mentres que a Xunta transferiralle 212,92 quilómetros.