Lugo, a 10 de novembro de 2008.- O Partido Popular de Lugo insta ó Presidente da Xunta a que nomine as obras incluidas nos orzamentos do vindeiro ano para a provincia de Lugo que aparecen consignadas a cargo do plan de reequilibrio territorial.
Os populares amosaron a súa sorpresa polas declaracións realizadas onte por Emilio López Touriño durante a súa participación na festa da castaña de Folgoso do Courel a este respecto despois de que nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2007 e 2008 non figurara consignada ningunha partida orzamentaria baixo este epígrafe ni para O Courel, nin para a montaña lucense nin para a provincia de Lugo en xeral. Algo, que recalcan os populares, repítese no proxecto de presupuestos para o vindeiro exercicio. O Plan de reequilibro territorial é, aseguran, algo que só está sobre o papel e nos discursos dos integrantes do Goberno galego.
Dende o Partido Popular de Lugo califican de mal gusto que o Presidente da Xunta cada vez que visita a provincia de Lugo, e nominadamente a zona da montaña, faga referencia a unhas ficticias inversións a cargo do plan de reequilibrio que despois nunca se concretan en nada e que non se inclúen onde teñen que incluirse, que son nos orzamentos da Xunta de Galicia.
Lembran os populares que a Xunta non inclúe nas súas contas do 2009 proxectos reiteradamente prometidos e demandados insistentemente polos veciños para a zona da montaña lucense coma poden ser as residencias da terceira idade, por poñer só un exemplo, e que incluso algúns concellos están literalmente excluidos nestes orzamentos. Pregúntase, por tanto, cómo é posible que se atreva a facer anuncios de inversións que non se inclúen en ningún papel. Se só se cumpliran o 10 por cento dos anuncios realizados por Pérez Touriño para a provincia de Lugo a situación sería totalmente diferente, suliñan dende o PP.
Os populares tamén lles parece significativo que o Presidente da Xunta faga alusión, coma exemplo de gran logro, á mellora da estrada Quiroga-Folgoso cando foi unha obra proxectada polo anterior Goberno da Xunta, o que quere dicir que o seu executivo pode alardear de moi pouco.