Lugo, a 7 de novembro de 2008.- O GPPP insistiu hoxe en que o que ten que dar explicacións sobre á viaxe realizada a Sudamérica a cargo de todos os lucenses é o Presidente da Deputación de Lugo.
Insisten en lembrar que, segundo as explicacións dadas por Gómez Besteiro sobre este asunto no pleno, a comitiva estaba integrada, ademais de por el mesmo, polo deputado Melchor Roel, o xefe de protocolo, o xefe de comunicación e dous membros dos medios de comunicación, pero que posteriormente, nun decreto asinado polo propio Presidente, explicítase o pago dun billete de avión “con motivo da viaxe institucional a Montevideo” a unha persoa non incluida nese relatorio.
Os populares coinciden con José Ramón Gómez Besteiro na consideración de que a viaxe realizada polo Presidente da Deputación de Ourense a Sudamérica non ten nada que ver coa súa. A diferencia sustancial radica, segundo salientan, en que José Luis Baltar pagou esta viaxe do seu bolsillo e sen xornalistas que deran conta da súas actividades e o custo da de Goméz Besteiro foi a cargo de todos os lucenses.
O GPPP consideran incluso que o feito de que o Sr. Besteiro requira levar nos seus desprazamentos persoal da Fundación TIC para que quede constancia dos seus movementos, como foi o caso da súa recente comparecencia no Parlamento galego á que acudiu acompañado dun cámara, é, cando menos, cuestionable porque un servicio público acaba estando a disposición exclusiva do Presidente da Deputación para a súa promoción persoal.