Lugo, 7 de novembro de 2088.- O GMPP anunciou hoxe, en rolda de prensa, que non darán a confianza a Orozco no pleno que se vai celebrar o vindeiro luns.
Joaquín García Díez puntualizou que “non cambiou nada dende o pleno dos orzamentos, nin temos esperanzas fundadas de que cambie”, e engadiu que “o Partido Popular é un partido serio, responsable, e coherente que ten demostrado a súa xenerosidade de aí que, no pleno do luns levantaremos o brazo cando se pidan votos en contra da moción de confianza vinculada ao orzamento”.
Tanto o voceiro do GMPP, Joaquín García Díez, como o Presidente provincial, José Manuel Barreiro, criticaron que para sacar adiante os orzamentos de 2009, o alcalde utilizase a vía máis cómoda: “Podía haber negociado pero non quixo, non lle convén”, “Orozco sabe que este instrumento legal lle permite chegar ao fin que pretende sen ceder nin un ápice” puntualizou Joaquín García Díez.
Nesa mesma liña José Manuel Barreiro declarou que “Orozco non fixo ningún esforzo por negociar” e que era evidente que “ía a utilizar esta ferramenta”. O Presidente Provincial subliñou que este paso o tiña planificado xa dende o comezo de mandato: “a moción de confianza pode presentarse dúas veces, tiña dous cartuchos, non quería queimar o primeiro o ano pasado porque lle quedaba pouco marxe con esta manobra a Orozco quédalle outro cartucho para o ano que vén e logo axiña chegan as eleccións municipais”.
Barreiro insistiu en que Orozco non soubo asumir a perda da maioría absoluta de aí esta estratexia.
Esta declaracións dos populares tiveron lugar logo da celebración dunha reunión preparatoria do pleno, na que participaron todos os concelleiros do grupo.
O BNG preso de Santiago.- O Presidente Provincial do PP José Manuel Barreiro acusou ao BNG de estar preso do que lles din en Santiago, “subiron ao coche e tocaron moqueta, e agora baixar é complicado”. Para Barreiro o único proxecto do BNG é impedir que goberne o PP “fan moito ruido pero cando hai que tomar decisiones importantes se teñen que medir”.
O Presidente provincial insistiu en que a pelota está no tellado do BNG “saliu Touriño, saliu Feijoo e falta o da chave” en alusión á Quintana.
Mentres o voceiro do GMPP, Joaquín García Díez lle preguntaba a Touriño ¿onde estaba a súa opinión cando o Partido Popular actuou, hai un ano, con xenerosidade dando o seu apoio aos orzamentos municipais?. “Non tivo xenerosidade previa e agora se apresura a criticarnos”.