Santiago, 6 de novembro de 2008.- “O PP de Galicia e o PP de Lugo déronlle a Orozco unha oportunidade apoiando os orzamentos do 2008, e agora lle pedimos responsabilidade, diálogo e pacto”, afirmou hoxe o presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ante as preguntas dos xornalistas sobre a postura do partido fronte a crise que vive o goberno local de Lugo, incapaz de aprobar os orzamentos municipais de 2009.
Feijóo deixou claro que o PP manterá a sua tese de deixar gobernar á lista máis votada, polo que lle pediu ao alcalde socialista que “busque apoios para aprobar o orzamentos e, se non e capaz non é nosa responsabilidade”.
O líder do PPdeG lembrou que o seu partido “lle tendeu a man” á lista máis votada tras os comicios municipais de 2007 aprobando os orzamentos do 2008 “ante un PSOE en minoría e un socio de Goberno na Xunta en contra”. Así –segundo Feijóo- “actuouse con responsabilidade e xenerosidade”. “Lle dimos unha garantía e unha confianza e non respostou nin a esa garantía nin a esa confianza”, puntualizou.
RESPALDO DO PARTIDO.- Feijóo manifestou o apoio do Partido aos concelleiros do PP de Lugo e declarou que “teñen o noso respaldo para buscar a mellor solucion para os intereses dos cidadans”.
O presidente popular galego lembrou que o partido local sempre “deu unha mostra de responsabilidade”, tanto respaldando ao goberno como agora “pedíndolle ao alcalde que se sente a dialogar”.
Feijóo afirmou que a actitude de responsabilidade dos populares non se da por parte dos socialistas e nacionalistas “nin en Ourense, nin en Vigo, nin en Santiago nin en Pontevedra, onde o BNG e o PSOE están a impedir que gobernen as listas mais votadas”.