Lugo, a 6 de novembro de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro mantivo esta tarde en Lugo unha
xuntanza con ex concelleiros, ex deputados e demais integrantes das listas do PP para coñecer a súa opinión sobre a situación política que se está a vivir e para recoller as súas propostas con vista a incorporalas a acción política que está a desenvolver o partido en todos os ámbitos institucionais.
O encontro enmarcase dentro do amplio calendario de xuntanzas que se están a promover dende a dirección provincial e que ante todo perseguen manter o contacto máis directo posible coas bases do partido.