Lugo, a 5 de novembro de 2008.- O GPPP afirma que o Presidente da Deputación perdeu a súa credibilidade cando afirmou hai case ano e medio que gobernaría con transparencia porque, de entrada, aínda están á espera da documentación solicitada sobre a súa viaxe a Sudamérica.
A súa credibilidade tamén queda cuestionada polo feito de que un decreto, asinado por Gómez Besteiro o día 9 de outubro, pon de manifesto que no seu periplo por Sudamérica participaron máis persoas das que el mesmo indicou durante as explicacións solicitadas a este respecto polo GPPP no pleno do pasado mes de setembro. Non son seis, senón sete, as persoas que integraron a comitiva da viaxe a Sudamérica e haberá que agardar a ver, engaden os populares, se o número se incrementa aínda máis.