Partido Popular de Lugo

O PP ACUSA Ó PSOE E Ó BNG DE ABANDONAR UN ANO MÁIS Á MONTAÑA LUCENSES

Pedrafita, 4 de novembro de 2008.- “Os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano esquecen un ano máis á montaña lucense. As contas deixan claro que esta zona non é prioritaria nin para o PSOE nin para o BNG porque, entre outras cousas, do plan de reequilibrio territorial non hai nin rastro”.

Así de contundentes se amosaron hoxe os deputados autonómicos Manuela López Besteiro e Agustín Baamonde Díaz á hora de analizar os orzamentos da administración galega para o vindeiro ano nesta zona nun acto desenvolvido en Pedrafita e no que estiveron presentes tamén os alcaldes e voceiros do PP dos municipios afectados.

Así as cousas, os deputados populares criticaron que nas contas da Xunta non existe política social para a Montaña lucenses. “Non hai nin unha residencia, nin un centro de día, nin ningunha mellora sustancial nos servicios sanitarios e educativos”, explicaron. “Como tampouco hai ningunha actuación encamiñada a facilitar a chegada da sociedade da información a esta zona coa instalación de banda ancha”, engadiron. 

Resulta significativo do “máis absoluto abandono” do que é obxecto a Montaña lucense o feito de que municipios como Castroverde, Pedrafita ou As Nogais “nin sequera figuran nos orzamentos. Non se prevé investir neles nin un só euro o vindeiro ano”.

Outras obras, en función das partidas consignadas, quedarán relegadas no tempo. Así actuacións urxentes como o arranxo da estrada Becerreá-Navia demorarase ata o 2011 ou 2012 porque contemplase para o 2009 unha partida de 5,3 miillóns de euros; para o 2010 de 2,3 millóns e para o 2011 de 1,2 millóns pero para as expropiacions, “que o primeira paso se se ten intención de facer a obra”, só se adican 100.000 euros nos orzamentos do vindeiro ano, así coma 577.000 para o 2010 e 275.000 para o 2011.

Segundo salientaron os deputados populares, socialistas e nacionalistas tamén esqueceron incluir nas contas de 2009 a construcción das residencias da terceira idade de Navia de Suarna, A Fonsagrada, Baralla e Becerreá, así como a ampliación do polígono industrial neste último concello.

ESTRADAS PARALIZADAS.- O desinterese pola zona ponse tamén de manifesto na estrada de Becerreá a Sarria para a que non se consigna nin un só euro. “Quizais o Goberno da Xunta seguiu as recomendacións do alcalde de Sarria, Claudio Garrido, quen considera que esta vía non é prioritaria”. 

Nunha situación similar atópase o acondicionamento da estrada LU-710 entre Cádavo e Baralla. “Como acontece coa de Becerreá a Sarria ata o momento só se fixo o que deixou presupuestado o Goberno da Xunta do PP”, especificaron os deputados populares, que consideran un “despropósito” que tamén esta obra se vaia a retrasar ata o 2011 ou 2012.

Así, segundo as cifras incluidas nos orzamentos, as partidas importantes deixanse para o 2010 e 2011, con 5,3 e 4,4 millóns respectivamente, mentres que para o vindeiro ano só se consignan 500.000 euros. “Os cartos para as expropiacións deixan claro o retraso poque para o 2009 só se contemplan 100.000 euros, mentres que para o 2010 e 2011 a cifra ascende a un millón e a 400.000 euros respectivamente”, explicaron. 

Tampouco se avanzará nada na gran T de A Fonsagrada, a saída hacia Asturias, porque o presupuestado deixa pantente que só se vai a proceder ó arranxo de firme e de trazado de curvas, dado que só hai 100.000 euros para expropiacións pese ós 2,2 millóns de euros que se consigna para esta estrada.

“E non hai nada tampouco”, engadiron os populares, “para a presa do Muradal e o polígono industrial neste concello”.