Lugo, a 4 de outubro de 2008.- O Presidente da Deputación de Lugo acudiu hoxe a súa comparecencia ante a comisión de economía do Parlamento galego cos deberes sen facer e co mesmo discurso de hai un ano, segundo o Grupo provincial do Partido Popular.
O Sr. Besteiro voltou a enumerar as mesmas liñas de actuación na Deputación provincial das que xa fixera bandeira na súa comparecencia do pasado ano e puxo ademais de manifesto, segundo os populares, que, cando remate este ano, a administración provincial terá que farcer fronte a unha débeda que ascenderá a 10 millóns de euros.
Dende o GPPP tamén o acusaron de ter un discurso contradictorio en función de si se atopa en Lugo ou en Santiago. Así, mentres que en Lugo non apoia ningunha iniciativas encamiñada a promover a reducción do gasto e de poñer en marcha accións que favorezan os sectores productivos básicos da provincia, en Santiago asegura que os orzamentos para o 2009 serán austeros e consecuentes coa situación de crise económica, quizais en resposta a pauta que lle impuxo hai uns días o seu propio socio de goberno.
Outro exemplo deste doble discurso en función de onde se atope é o seu rexeitamento en Lugo á revisión do sistema de financiación das administracións locais e a que se aumente a aportación do Estado a estas administracións, mentres que en Santiago considera prioritario abordar as especiais caratecterísticas da provincia de Lugo á hora de recibir fondos do Goberno central.
Besteiro voltou a referirse no seu discurso de hoxe ó pago do canon hidroeléctrico como o cumprimento dunha débeda historia e dun compromiso político, esquecendo que o que está a facer, con moita demora, é cumprir unha sentencia xudicial firme. A día de hoxe e pese ós avances dos que el alardea, salientan dende o GPPP, estase prácticamente non mesmo punto que hai un ano, dado que os 16 concellos afectados seguen agardando que lles explique cómo, cándo e ónde se van a investir eses cartos.
Outro claro exemplo de que non cumpriu o que dixo que ía facer ó longo deste ano é a posta en funcionamento dos parques comarcais de bombeiros.
Así, dixo que no verán de 2007 ía estar en funcionamento o parque de Viveiro, pero ano e medio despois está como estaba. O parque de Barreiros segue pechado e aínda é unha incognita o futuro do de Monforte, no se mantén a incertidume sobre si formará parte do consorcio provincial ou non.
Os populares salientan a este respecto que os estatutos deste consorcio provincial están aínda sen aprobar polo que se constata que o seu compromiso co traballo é máis ben escaso.
Aquela relación democrática cos concellos da que alardeu hai un ano e que reiterou hoxe tampouco existe, segundo recalcan dende o GPPP. Non cumpriu, de feito, tras ano e medio dende a súa investidura como Presidente, a súa promesa de visitar os 67 concellos da provincia. Mostra delo é que nove alcaldes solicitaronlle o 24 de outubro de 2007 unha reunión para a que a aínda non hai data.
A seu comportamento está, en opinión dos populares, lonxe de ser democrático e transparente posto que é patente un claro favoritismo hacia os concellos da súa mesma cor política.
En resumo, para o GPPP o Presidente da Deputación non cumpriu ningún dos compromisos acadados hai ano e medio durante a súa investidura nin hai un ano ante o Parlamento de Galicia polo que non dubidan de calificar de ineficaz a súa xestión.