Partido Popular de Lugo

BALSEIRO SUBLIÑA NO PARLAMENTO QUE GÓMEZ BESTEIRO PASARÁ Á HISTORIA COMO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN QUE CONTA CO COCHE OFICIAL MÁIS CARO

Santiago, 4 de novembro de 2008.- O deputado popular José Manuel Balseiro acusou hoxe ó Presidente da Deputación de Lugo de incumplir os compromisos acadados coa provincia na súa toma de posesión e de dar as costas ós seus sectores productivos básicos. Balseiro fixo estas consideracións a raíz da comparecencia de Gómez Besteiro na comisión de orzamentos do Parlamento de Galicia.

En sede parlamentaria, o mesmo día que se coñeceu que o paro medrou en Galicia máis que no conxunto do Estado, o deputado popular denunciou que o presidente da Deputación de Lugo “fixo todo o contrario do que debera facer” e auguroulle que pasará á historia por ser o Presidente das deputacións de Galicia co coche oficial máis caro, como o que máis incrementou o número de dedicacións exclusivas (pasando de custar 150.000 euros a preto de 800.000) e por multiplicar o número de asesores contratados a dedo, que pasaron de cero a 30 neste mandato. Para Balseiro, este comportamento está completamente fóra de lugar nun momento no que Galicia afronta unha das peores crises da súa historia recente, chocando ademais cos compromisos de austeridade.

Na súa opinión o proxecto de orzamento da Xunta de Galicia para o 2009 no que atinxe á provincia de Lugo “desprezan, dun xeito notorio, as aspiracións, proxectos e intereses dos seus veciños” ó reducir o investimento en 44 millóns con respecto ó presente exercicio, o que equivale a un detrimento de preto do 25 por cento. Un dato que, segundo salientou, “non poden ser satisfactorios para o conxunto dos lucenses” e “non pode convencer”, por tanto, “a quen adquira a responsabilidade de defender os seus intereses”.

Para o deputado lucense os principios que defendeu Gómez Besteiro na súa comparecencia ante a Cámara galega o pasado ano de cooperación, colaboración, autonomía e respeto mutuo entre todas as institucións “non se cumpren nas contas da Xunta para o 2009 na provincia de Lugo” polo que a “súa obriga” debería ir encamiñada a que os orzamentos da Deputación fosen diferentes e apostaran pola defensa dos intereses dos lucenses.

Algo que, para Balseiro Oriol, non só non se cumpre senón que vai en dirección contraria. Asi, segundo salientou, “os defectos, erros e deficiencias da fallida fórmula do bipartito na Xunta” trasladouse á xestión diaria do executivo provincial porque, recalcou Balseiro, “vostede a pesar de ser o seu presidente, tan só xestiona as áreas socialistas do goberno”. “Un goberno”, recalcou, “chamado ó fracaso. 

SEN COOPERACIÓN.- O deputado popular acusou a Gómez Besteiro de non aplicar o criterio de cooperación e respecto entre institucións do que alardeou o pasado ano e púxolle coma exemplo  que varios alcaldes levan un ano agardando a reunirse con el para abordar o pago do canon enerxético. Nin cumpriu tampouco o seu compromiso de celebrar un debate sobre o estado da provincia con todos os seus rexidores locais.

Salientou asemesmo que aínda non está claro qué vai a pasar cos parques de bombeiros comarcais e lembroulle os sucesivos compromisos, sempre incumplidos, sobre a apertura do de Viviero, por exemplo, así como que o de Barreiros segue pechado e que aínda non se sabe que vai a pasar co de Monforte. A elo hai que engadir que os estatutos do consorcio están aínda por aprobar.  

Balseiro acusou a Besteiro de principiar “a casa polo tellado” no que respecta a este asunto dado que, por exemplo, a Deputación adquiriu cinco motobombas nodriza para aprovisionar de auga ós camións de primeira intervención que ainda non mercou.

Tamén lle puxo de manifesto que un dos obxectivos das deputacións é coordinar e garantir a prestación de servicios básicos ós veciños dos distintos concellos e de asistir e coooperar cos municipios, máxime nunha época de crise como a actual. Sen embargo, a actuación da Deputación lucenses, segundo salientou José Manuel Balseiro, non se encamiñou nesta dirección. Así, pasou de anunciar que o sector primario ía ser prioritario nas liñas de acción desta administración a votar en contra de calquera iniciativa tendente a beneficiarlo ou apoioalo e “chegou tarde, mal e arrastro” co seu plan de axuda ó comercio, ó que adicou “uns insuficientes 104 millóns das antiagas pesetas”.