Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR PRESENTA ENMENDAS ÓS PXE POR 27 MILLÓNS DE EUROS QUE AFECTAN DIRECTAMENTE Á COMARCA DE LEMOS

Monforte, a 3 de novembro de 2008.- A alcaldesa de Sober e deputada nacional, Raquel Arias Rodríguez, presentou xunto co deputado autonómico, Dámaso López, as enmendas ós Presupostos Xerais do Estado do 2009 para a zona sur que suporán  algo mais de 27 millóns de euros. 

As inversións en comunicacións serán as de maior esforzo inversor das enmendas xunto con outras obras como as que se refiren ó saneamento e abastecemento para a cidade do Cabe. 

Raquel Arias asegurou que “o Partido Popular ocúpase das necesidades de tódolos galegos, non como o BNG, que  deu o seu apoio a uns orzamentos irreais por unhas migallas, que aínda por riba só foron para a costa atlántica, esquecéndose prácticamente do interior,e en concreto desta comarca”. 

A deputada lucense engadiu que “o Partido Popular centrou as súas enmendas en actuacións que benefician directamente a calidade de vida dos cidadáns, como é o caso da mellora  na rede de saneamento e abastecemento de Monforte ou as comunicacións”. 

Nas partidas referidas ó ferrocarril, concretamente a alta velocidade,  os populares piden sete millóns de euros  máis para o AVE Ourense-Lugo. Demandan tamén tres millóns de euros mais para o tramo Monforte-Ponferrada, xa que só aparecen partidas mínimas para estudios. 

No referente ó servicio de cercanías o Partido Popular quere que se leve a cabo un incremento de frecuencias diarias entre Lugo-Monforte e Lugo-A Coruña  , ademais dunha inversión de 1 millón de euros destinada a este servicio. A partida proposta serviría para cubri-los posibles déficits de explotación consecuencia do incremento de frecuencias nos servicios de cercanías existentes na actualidade entre Lugo e Monforte de Lemos, e entre Lugo e A Coruña. 

En canto as enmendas relativas as partidas para autovías, os populares fan unha petición de 12 millóns de euros para a AUTOVÍA—A-72—Monforte-Chantada. Dende o Partido Popular entenden que esta obra desaparece dentro das previsións do goberno socialista, coa connivencia do BNG, xa que só está presupostado 50.000 euros para o 2009 e no se prevén partidas para os seguintes anos. 

No caso da A-76 –Ponferrada-Ourense  os deputados piden 1,2 millóns de euros, que servirían para a realización total do proxecto constructivo. Os populares afirman que , o partido socialista só presupuestou 255.000 euros para o proxecto constructivo, co que non se remataría de redactar, segundo as propias estimacións do goberno ata o 2010 e non ven prevista ningunha partida para os seguintes anos. É dicir, o goberno non ten previsto que esta obra se vaia realizar. 

No relativo ó abastecemento, ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable  do municipio de  Monforte, que presenta graves deficiencias e que require actuacións urxentes, o PP pide un  incremento de 1 millón de euros .  Para esta obra están previstos 226.000  euros, e que  remate no 2011. Con esta enmenda o grupo popular pretende adiantar nun ano o remate destas actuacións. 

Os deputados lucenses referíronse tamén a unha partida para a ampliación da EDAR  e mellora da rede de colectores, en Monforte que presentan un estado moi deficiente, como demostran  as frecuentes multas que o Concello se ve obrigado a pagar por este concepto ademais das molestias que causa ós veciños. As inversións neste apartado, inclúense dentro dunha partida global de 48,6 millóns de euros , que o Ministerio de Medio Ambiente , Rural e Marino, contempla no programa “calidad de las aguas” no que se engloban distintas actuacións sobre saneamento, depuración e calidade das augas. Para este proxecto o PP solicita 1 millón de euros. 

Dentro da mesma partida o grupo popular tamén presentou unha enmenda de 1 millón de euros  para a restauración hídrica do río Lor e Quiroga. A partida que nos últimos anos aparecía para este concepto desapareceu sen que se fixesen  as obras, xa que tal e como estaban plantexado suporía que unha parte a tiñan que pagar as empresas , e  súa mala situación económica non se llo permitía. Agora o PP pretende que se faga esa recuperación con aportacións únicamente da administración e que para os traballos se contrate a traballadores das pizarreiras que se atopen en paro. 

A recuperación das marxes do Río Cabe, o seu paso por os municipios de Monforte, Sober e Pantón é outra das obras que o grupo popular solicita a través dunha enmenda por un importe de 1,5 millóns de euros ós PGE de 2009. Esta actuación aparece especificada dentro do programa “gestión e infraestructura del agua”, de la Dirección General del Agua, del Ministerio de Medio Ambiente , rural y Marino, dotada globalmente con 41,2 millóns de euros.