Taboada, a 31 de outubro de 2008.- Os alcaldes e voceiros do Partido Popular de todos os concellos afectados polo pago do canon enerxético reunironse esta mañá en Taboada para analizar a situación na que se atopa este asunto. Unha xuntaza á que tamén asistiron os deputados do grupo provincial encabezados polo seu voceiro José Manuel Barreiro.
Unha das primeiras reivindicacións plantexadas polos populares é que a día de hoxe dende a Deputación non se fixo ningunha xestión encamiñada a establecer un plan de inversións consensuada cos concellos afectados para saldar esa débeda.
Quere esto dicir que os dous millóns consignados nos orzamentos provinciais para este ano e a repartir entre os 16 municipios (dado que Chantada conta cunha partida específica) están non só sin executar senón que aínda non se estableceu que obras e en que concellos se van a facer. Unha cuestión que os asistentes non dubidaron e calificar coma un incluplimento moi grave.
Neste punto, os nove alcaldes do Partido Popular (Guntín, Taboada, O Saviñao, Sober, O Páramo, Paradela, Carballedo, Pantón e Quiroga) lembraron que hai un ano, concretamente o 24 de outubro, solicitaron formalmente unha entrevista co Presidente da Deputación para abordar este asunto e que aínda non foron convocados a tal xuntanza.
Salientouse asimesmo durante o desenvolvemento do encontro a grave discriminación que supón que dende a Deputación se deixe fora dos seu plan de pequenas inversións para os municipios de menos de 5.000 habitantes aqueles que están afectados pola débeda do canon hidroeléctrico. Non pode excluirse a estes concellos en base a que xa van recibir inversións por outro concepto que é totalmente distinto.
No encontro os populares tamén criticaron que o Presidente da Deputación asegurara no seu momento que o pago da débeda do canon era unha cuestión política e non xudicial. Salientaron neste senso que a administración provincial estase a limitar a cumplir unha sentencia firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que claramente se expón que o pago farase efectivo ó concello de Chantada e a todos aqueles concellos en situación análoga.
Os asistentes á reunión recalcaron que neste, como noutros asuntos, queda claro que Gómez Besteiro e o PSOE en xeral non cumpre a súa palabra e que, dende logo, o seu discurso é totalmente distinto cando goberna e cando está na oposición.