Partido Popular de Lugo

O PP PEDIRÁ NO PARLAMENTO QUE A XUNTA POÑA EN MARCHA UN PLANO DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL PARA A RIBEIRA SACRA

Lugo, a 30 de outubro de 2008.- Os deputados autonómicos do Partido Popular Susana López Abella e Dámaso López presentarán unha iniciativa no Parlamento galego na que instarán á Xunta de Galicia a coordinarse co Goberno central para, dentro de seu respectivo ámbito competencial, poñer en marcha un plano de medidas encamiñadas á favorecer o desenvolvemento e protección da Ribeira Sacra.

Un plan que deberá ter como obxectivo mellorar a dotación de servicios e calidade de vida  dos ciudadáns dos concellos que se engloban en Ribeira Sacra, así como a adopción de medidas de formación e incorporación de xóvenes ó sector vitivinícola, axudas para facer fronte ós gastos adicionais xerados polo mantemento da paisaxe cultural e a renta perdida por este concepto. A eles hai que engadir apoios á comercialización, reestructuración e reconversión de viñedos, entre outras medidas de protección do medio ambiente.  

Os deputados populares agardan que esta proposta conte co respaldo unánime dos demáis grupos políticos do Parlamento galego dado que, gracias a unha iniciativa presentada conxuntamente por PP e PSOE no Congreso dos Deputados e a instancia da deputada popular Raquel Arias, está asegurada a financiación precisa para a posta en marcha deste plan de apoio á Ribeira Sacra por parte do Goberno central.

Os deputados populares salientan que o traballo coordinado que están a levar a cabo nas diferentes institucións en defensa dos intereses de determinados sectores e zonas que, como no caso da Ribeira Sacra, atoparanse nunha situación complicada tras a entrada en vigor da nova OCM está a dar os seus frutos e proba delo é o compromiso acadado onte na Cámara Baixa o que agardan que se sume tamén o Parlamento de Galicia.