Partido Popular de Lugo

O PP FARÁ UN SEGUIMIENTO EXHAUSTIVO DA MARCHA DOS PROXECTOS COMPROMETIDOS PARA A COMARCA DE SARRIA

Sarria, a 30 de outubro de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro mantivo esta tarde en Sarria unha reunión de traballo cos integrantes do comité local da formación que encabeza José Antonio García e que se enmarca nunha ronda de xuntanzas que está a desenvolver por toda a provincia.

O obxectivo destes encontros é coñecer de primeira man as inquedanzas dos responsables e representantes do partido, así coma para oir as súas propostas á hora de establecer as liñas de actuación da formación tanto no ámbito local, provincial coma autonómico.

José Manuel Barreiro fai unha firme aposta por fomentar a participación e a apertura do partido, empezando polos afiliados e simpatizantes pero facendoo tamén extensible á sociedade en xeral, ó entender que este é o mellor xeito de acadar un partido dinámico, plural e adaptado ós tempos. 

Xuntanzas como a celebrada hoxe en Sarria serven para afianzar os vínculos entre a dirección provincial e a local, que se quere facer extensible a toda a militancia, e promover así o intercambio de ideas e o debate interno para, entre todos, fixar as directrices básicas de actuación.

Neste senso, o Presidente provincial comprometeuse a facer un seguemento exhaustivo da marcha dos proxectos comprometidos para toda a comarca de Sarria polas diferentes administracións e presentar cantas iniciativas sexan necesarias para acadar que as promesas realizadas se cumpran. 

A creación dun novo xulgado, a pisicina climatizada, o desdobramento do corredor Nadela-Sarria ou a estrada a Becerreá foron algúns dos proxectos reiteradamente demandados e tamén comprometidos, pero que aínda non son realidade, que saíron a colación durante o encontro.