Partido Popular de Lugo

O GPPP DENUNCIA O USO PARTIDISTA E DISCRIMINATORIO DO DIÑEIRO DA DEPUTACIÓN

Lugo, a 30 de outubro de 2008.- O GPPP denunciou hoxe o uso totalmente clientelar e partidista dos fondos da Deputación Provincial de Lugo, especialmente por parte do seu Presidente, José Ramón Gómez Besteiro.

Os populares aseguran que se usan fondos públicos de forma totalmente discriminatoria. Así, recalcan que o Presidente dispón dunha partida presupostaria de uso directo, dotada no orzamento con 300.000 euros que, mediante Decreto do 25 de setembro do presente ano, pasou a ser de 430.000 €; e que as factura non reciben o visto e prace de ningún deputado delegado vinculado cos concellos ou con obras, agás a deputada de Economía e Facenda, neste caso como requisito formal para o seu pagamento.

Os populares engaden que nos meses de xullo e agosto, a través de decretos, aprobouse o pago de 132.189,14 €, con destino ó arranxo de camiños municipais en sete concellos, dos que seis teñen alcalde socialista. Facturas que corresponden a rego asfáltico e grava.